HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda instala o contedor marrón para a fracción orgánica

A Guarda instala o contedor marrón para a fracción orgánica

- Anuncio -spot_img
  • O contedor ábrese cunha chave que se debe recoller no concello

A Guarda xa conta co contedor marrón para a fracción orgánica. Este colector atópase polo centro urbano e nel pódense botar restos de calquera comida (tamén cunchas, cascas e borras de café), papel de mesa ou de cociña branco ou pequenas cantidades de restos de macetas, podas e flores.

Materias de hixiene, po, toalliñas, aceites, cabichas, excrementos de animais ou area, ou outros residuos non orgánicos deben tirarse nos contedores adecuados e non no colector marrón. Deste xeito, o Concello da Guarda avanza na mellora da separación dos residuos e no seu compromiso co medioambiente.

Lembramos que o contedor marrón funciona con chave e é importante pechalo tras depositar os residuos orgánicos. Toda aquela persoa que queira o kit para a fracción de orgánico (cubiño, bolsas e chave) pode pasar polo Concello a partir de mañá.

Para calquera dúbida pódese enviar un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es.

Esta acción conta coa axuda da Xunta de Galicia e financiamento dos fondos europeos– NextGenerationEU, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.

Publicacións Relacionadas