A concelleria de comercio do Concello de Baiona convida os comerciantes e empresarios de Baiona á reunión que convoca a Deputación de Pontevedra mañá mércores día 19 de novembro de 2025 as 16.00 horas no Centro Multiusos Angel Bedriñana para a explicación do programa MOVE, a Rede que conecta os comerciantes e hostaleiros cos produtores locais; nesta rede é vital a colaboración e implicación da túa organización.
Estas reunións son unha oportunidade para adherirse á Rede MOVE; nela poderás establecer relacións comerciais, compartir a túa experiencia e historia e acceder a titoriais de boas prácticas de persoas expertas ou a formación en diversas temáticas.
Aqueles empresarios interesados en asistir a reunión poden poñerse en contacto co Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local da Deputación de Pontevedra, no teléfono 616185156 ou a través do correo move@depo.gal.



