HomePontevedraRedondela, non mires para outro lado

Redondela, non mires para outro lado

- Anuncio -spot_img

– “Cada agresión machista é un ataque contra toda a sociedade. Redondela, non mires para outro lado”. Está é a resposta da alcaldesa, Digna Rivas, na campaña “Respostas contra a Violencia Machista” que celebra o Concelelo co gallo do 25N. A actividade trasládase o xoves día 20 a Chapela, ás 12.00 horas na Alameda Rosalía.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, participaron este mediodía na presentación da actividade “Respostas contra a Violencia Machista”. Esta proposta, aberta a toda a cidadanía, convida á veciñanza a deixar as súas propias respostas contra a violencia de xénero co gallo da celebración do 25N. “Cada agresión machista é un ataque contra toda a sociedade. Redondela, non mires para outro lado”, foi a frase que deixou a alcaldesa nas siluetas que protagonizan a campaña. “A resposta contra a violencia machista ten que ser colectiva”, foi a escollida pola concelleira. Veciños e veciñas que se sumaron deixaron as súas respostas: “Violencia machista, nunca máis”, “Nin unha menos”, “Se tocas a unha, tócasnos a todas” “Queremos o vivir sen medo”,  “Somos o berro das que xa non teñen voz”, “O machismo mata, o feminismo non”, entre outras frases.

A actividade “Respostas contra a Violencia Machista” desprázase o xoves, día 20, á Alameda Rosalía de Castro de Chapela ás 12:00 horas. Os colexios, institutos, centros de día e outras entidades de Redondela que participan na campaña tamén están a deixar as súas respostas nas siluetas de mulleres.

Estas actividades forman parte da campaña do Concello de REdondela co gallo da celebración o 25 de novembro do Día da Non Violencia contra as Mulleres co lema “Ante a violencia machista, resposta universal”. A campaña é froito dunha iniciativa pioneira entre a Subdelegación do Goberno e a Facultade de Ciencias Sociais que fixo posible que o alumnado deste máster deseñe e realice esta campaña institucional cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

PROGRAMACIÓN

Escola de Familias “Previr dende o Fogar”:

Mércores, 12 de novembro. Educación afectiva -sexual na etapa infantil (Escola Unitaria de San Pedro de Cesantes). 17:00 horas.

Mércores, 19 de novembro. Educación afectiva -sexual na etapa de primaria (CEIP Outeiro das Penas). 17:00 horas.

Mércores, 26 de novembro. Educación afectiva -sexual na etapa de secundaria (IES Chapela). 17:00 horas.

Con servizo de obradoiros lúdico-educativo para favorecer a conciliación.

Venres, 21 de novembro. 19:00 horas. Contacontos “Eu non quero” con Ana M.ª Carreira. Biblioteca Xela Arias de Chapela (Multiúsos Piñeiral do Crego).

Martes, 25 de novembro. 12:00 horas: Acto institucional. Praza do Concello.

Lectura da Declaración Institucional e lectura de manifestos da Asociación Andaina de persoas con diversidade funcional e Asociación Lenda de Saúde Mental, representación dos Centros de Día e centros educativos do concello.

Performance “Coida todo o que amas” de Iria Sobrado.

Entrega floral na árbore Ginkgo biloba na rúa Salgueiral.

Venres 28 de novembro 12:00 horas: V Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista. Oficina de Turismo (rúa Isidoro Queimaliños).

Primeiro Ciclo de Teatro Mestra Paulina

“DeSexo”. Talia Teatro. Domingo, 30 de novembro. Auditorio Multiúsos da Xunqueira. 18:00 horas.

“Sophie”. Redrum Teatro. Sábado, 13 de decembro. Auditorio Multiúsos da Xunqueira. 20:00 horas.

Curso 2025/2026. Obradoiros de “Falemos de Sexo”, “Prevención de Trastornos de Condutas Alimentarias: violencia estética” e “Pataformas dixitais e sexualidade” para o alumnado dos centros escolares do concello.

Publicacións Relacionadas