HomePontevedraA Casazul acolle mañá dúas novas actividades da Escola de Saúde Pública

A Casazul acolle mañá dúas novas actividades da Escola de Saúde Pública

- Anuncio -spot_img

Ás 10.00 horas haberá un obradoiro para aprender a actuar cunha persoa con xordeira repentina e ás 17.00 horas, será a quenda dun relatorio-coloquio sobre a importancia das vacinas
A ESP nace no ano 2024 co fin de promover hábitos saudables, mellorar o benestar das persoas e ser un espazo de información, formación e participación guiado polas asociacións sociosanitarias
A Escola de Saúde Pública (ESP) de Pontevedra, que promove a Concellería de Benestar Social, trae esta semana dúas actividades mañá xoves 27 de novembro. As dúas citas terán lugar na sala
Valdecorvos da Casazul (Sor Lucía, 2). Son as seguintes:

  1. Que facer no fogar e no entorno cando unha persoa ten xordeira de repente. Obradoiro conducido por María Jesús Monterde García, intérprete, guía-intérprete e mediadora comunicativa.
    Ás 10.00 horas. Organiza: Xoga- Organización de diversidade sensorial de Galicia.
  2. A importancia das vacinas e outras medidas preventivas. Relatorio, aberto a preguntas de Xermán Bugallo Sanz, médico de Medicina Preventiva. Ás 17.00 horas. Organiza Regaps-Rede galega de promoción da Saúde.
    A Escola de Saúde Pública-ESP naceu no ano 2024 cos seguintes obxectivos: contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas, promover hábitos de vida saudables e ser un espazo de participación, información e coñecemento do traballo altruísta desenvolvido polas asociacións socio-sanitarias. Ademáis avoga pola sanidade pública, piar esencial dunha sociedade equitativa, igualitaria e solidaria.
    A programación da ESP na recta final do ano 2025 completarase no mes de decembro con catro actividades máis: dous obradoiros e dous relatorios.
    RELATORIOS ( ás 17.00 horas)
    4 de decembro. Saúde buco-dental, porta de entrada a saúde en xeral. Patricia Barba Gómez, técnico superior en Hixiene bucodental e prótese dental. Organiza Regaps
    A importancia da saúde dixital na nenez e adolescencia. Noelia Romero Naveiro e María Abollado Vidal, coordinadora da área de prevención e traballadora social de Érguete.
    Organiza: Asociación de prevención e intervención en Condutas Adictivas-Érguete
    OBRADOIROS ( ás 10.00 horas)
    4 de decembro. Ximnasia para o cerebro. Pedro Campos, músico-terapeuta. Organiza: Percuterapia Pedro Campos
    11 de decembro. Death Café: falar da morte para celebrar a vida. Julio Fhoty, médico comunitario.
    Organiza: Fundación Eomaia.

Publicacións Relacionadas