HomePontevedraO PP de Pontevedra presenta unha moción na Deputación esixindo a dimisión...

O PP de Pontevedra presenta unha moción na Deputación esixindo a dimisión inmediata da ministra de Igualdade e unha auditoría urxente polos constantes fallos das pulseiras antimaltrato

- Anuncio -spot_img
  • Os deputados populares defenderán este venres no Pleno da corporación provincial a moción presentada na que solicitan a dimisión inmediata da ministra como máxima responsable política da xestión neglixente do sistema COMETA e da desprotección de miles de mulleres vítimas de violencia de xénero e violencia sexual. 
  • A violencia contra as mulleres constitúe a expresión máis inaceptable de desigualdade nunha sociedade democrática como a nosa.  A protección das vítimas e a defensa da súa dignidade debe ser unha prioridade innegociable de todas as institucións. 
  • A xestión política desta crise por parte do Ministerio de Igualdade foi claramente insuficiente. Tentáronse minimizar os problemas falando de incidencias “puntuais”, cando en realidade prolongáronse durante meses e puxeron en risco a miles de mulleres, a última o pasado 11 de novembro, cando o propio Ministerio de Igualdade recoñeceu outro novo erro no sistema nos dispositivos telemáticos de protección ás vítimas.

O Grupo provincial do PP de Pontevedra provincia presenta este venres unha moción na Deputación esixindo a dimisión inmediata da ministra de Igualdade e unha auditoría urxente polos constantes fallos das pulseiras antimaltrato, que afectaron a moitas vítimas da provincia.

Os deputados populares defenderán no Pleno da corporación provincial a moción presentada na que instan solicitan a dimisión inmediata da ministra de Igualdade como máxima responsable política da xestión neglixente do sistema COMETA e da desprotección de miles de mulleres vítimas de violencia de xénero e violencia sexual.

Ademais de esixir ao Goberno de España a contratación inmediata dunha auditoría externa, independente e transparente sobre o contrato, funcionamento e fiabilidade do sistema COMETA, incluíndo tanto a fase de adxudicación como a de implantación e o período actual de servizo; e instar ao Ministerio de Igualdade e ao Ministerio do Interior para publicar de maneira inmediata e detallada todos os datos relativos aos fallos do sistema que tivesen incidencia directa na provincia de Pontevedra no que se inclúan o múmero de vítimas afectadas da provincia de Pontevedra, o múmero de procedementos xudiciais alterados ou sobreseídos na provincia de Pontevedra, a tipoloxía de fallos detectados (localización, cobertura, manipulación de dispositivos, etc.), e a uración real das incidencias e protocolos de resposta activados. 

A violencia contra as mulleres en todas as súas manifestacións —violencia de xénero, violencia sexual, prostitución e trata con fins de explotación sexual— constitúe a expresión máis inaceptable de desigualdade nunha sociedade democrática como a nosa.  A protección das vítimas e a defensa da súa dignidade debe ser unha prioridade innegociable de todas as institucións. 

O sistema de dispositivos telemáticos de control coñecido como COMETA é unha das principais ferramentas para garantir a seguridade das mulleres vítimas de violencia de xénero e violencia sexual, ao permitir a vixilancia efectiva do cumprimento das medidas xudiciais de afastamento.  Con todo, tralo cambio do prestador do servizo en 2023, detectáronse fallos graves na migración de datos e no funcionamento dos dispositivos, o que supuxo a perda de información histórica, problemas de localización e cobertura, e mesmo casos nos que os agresores puideron quitarse as pulseiras sen dificultade. 

Tal e como denunciaron fiscalías especializadas, sindicatos policiais, xuíces de violencia sobre a muller e avogados e avogadas especializados/as en violencia de xénero, estas incidencias provocaron sobresementos provisionais, absolucións de agresores e unha grave desprotección das vítimas.  O propio Observatorio de Violencia do CGPJ advertiu no seu día do risco de adxudicar o contrato a empresas sen experiencia suficiente neste ámbito.

Por riba, a xestión política desta crise por parte do Ministerio de Igualdade foi claramente insuficiente. Tentáronse minimizar os problemas falando de incidencias “puntuais”, cando en realidade prolongáronse durante meses e puxeron en risco a miles de mulleres, a última o pasado 11 de novembro, cando o propio Ministerio de Igualdade recoñeceu outro novo erro no sistema nos dispositivos telemáticos de protección ás vítimas. A gravidade dos feitos esixe explicacións públicas, depuración de responsabilidades e, sobre todo, garantías de que o sistema COMETA funcione cos máis altos estándares de seguridade e eficacia. 

Publicacións Relacionadas