Este programa contará cunha actividade mensual dende decembro deste 2025 ata novembro do 2026. O obxectivo é promover o benestar e a calidade de vida mediante o traballo manual en saúde mental. O primeiro obradoiro será de empaquetado agasallos e celebrarase o 18 de decembro.
Desde o Concello de Soutomaior, a través da Concellería de Igualdade, presentaron nesta xornada Fedellando, actividades artísticas e artesanais. Un novo programa que esta mañá deron a coñecer a concelleira de Igualdade e de Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, e a concelleira de Asociacións, Charo Bouzón.
O obxectivo deste programa é promover o benestar e a calidade de vida, reducindo o estrés, a ansiedade e a depresión, mellorando a autoestima e a concentración, e desenvolvendo as habilidades cognitivas, emocionais e motrices mediante o traballo manual en saúde mental. Tal e como dixo nesta xornada a concelleira de Igualdade “a actividade manual permite desconectar das preocupacións, desenvolver a creatividade e fomenta a interacción social, actuando como terapia ocupacional beneficiosa para persoas de todas as idades”.
Un programa que comezará no vindeiro mes de decembro co obradoiro de empaquetado de agasallos, en xaneiro tocarálle o turno a decora a túa cerámica, en febreiro cartonaxe, en marzo parche da memoria, en abril encuadernación, en maio cosmética natural, en xuño obradoiro de limpeza ecolóxica, en setembro elaboración de conservas, en outubro decoupage e en novembro pechará esta primeira edición de Fedellando co obradoiro deixa a túa pegada.



