HomeVigoMosMos celebra os días 6 e 7 de decembro a III Edición...

Mos celebra os días 6 e 7 de decembro a III Edición do Mercado Aberto “Queda en Mos”

- Anuncio -spot_img

O primeiro día do mercado aberto coincidirá co acendido oficial do Nadal no municipio

O Concello de Mos anuncia a celebración da III Edición do Mercado Aberto “Queda en Mos”, que se desenvolverá os días 6 e 7 de decembro de 2025, coincidindo co acendido oficial do Nadal no municipio. Un evento ao aire libre que converterá Mos nun espazo de encontro, dinamización comercial e lecer para toda a veciñanza, co obxectivo de impulsar o comercio local e favorecer a economía de proximidade.

Nesta terceira edición participarán 25 establecementos do comercio local, que disporán os seus produtos e servizos nun formato de mercado aberto, atractivo e dinámico. A isto súmanse actuacións musicais, actividades familiares, propostas culturais e a implicación da hostalaría, que ofrecerá diferentes iniciativas gastronómicas ao longo das dúas xornadas.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES:

Sábado 6 de decembro

12:00 h: Canto contigo – Paco Nogueiras

Taller – Aula Cerámica AICA

13:00 h:  Argonat Band

Desde as 17:00 h :  Acendido do Nadal

    Espectáculo LED: A Raíña da Neve

     Taller de pintacaras

18:30 h:  Cantajuego – El Payaso Tallarín

20:00 h:  Bela & Charro

Domingo 7 de decembro

12:00 h:  Ioga en familia – Kenguru

13:00 h:  Charanga Sacacorchos

17:00 h:  Ce Orquestra Pantasma

20:00 h:  Algaravía Folk

Campaña “Compra e Gaña en Mos”

As urnas para participar no sorteo da “Campaña Compra e Gaña en Mos” permanecerán dispoñibles ata o 1 de decembro, e o sorteo realizarase o día 3 de decembro. Repartiranse tarxetas regalo de 200 €, 100 € e 50 €, destinadas exclusivamente a compras nos comercios locais de Mos. Os premios entregaranse durante a inauguración do Mercado Aberto, o sábado 6 ás 12:00 horas.

Co Mercado Aberto “Queda en Mos” e coa campaña “Compra e Gaña en Mos”, o Concello de Mos reforza o seu compromiso co apoio ao tecido comercial e hostaleiro, promovendo iniciativas que dinamizan a vida social e cultural, fortalecen o comercio de proximidade e consolidan Mos como un municipio vivo, activo e acolledor.

Publicacións Relacionadas