HomePontevedraO CondadoCofraría do Condado do Tea e Espumosos organiza unha masterclass de elaboración...

Cofraría do Condado do Tea e Espumosos organiza unha masterclass de elaboración de viños espumosos

- Anuncio -spot_img

A actividade incluída nos actos da XI Festa do Viño Espumoso de Galicia requiere inscrición previa.

A Cofradía do Viño Condado do Tea e Espumosos organiza o vindeiro xoves 4 de decembro unha completa Master Class de Elaboración de Viños Espumosos, que terá lugar na Casa do Conde en Salvaterra de Miño). A xornada ofrecerá dúas sesións
formativas: a primeira de 10:00 a 13:00 h e a segunda de 15:00 a 18:00 h, cun prezo de 50 € por participante.

A formación será impartida por Eva Plazas Torné, profesional de referencia no sector: Diplomada en Enxeñaría Técnica Agrícola, especialidade Industrias Agroalimentarias, pola UPC (Barcelona) ademais de enóloga e responsable das elaboracións e vinificacións dos viños base cava e viños con D.O. Penedès en Cavas Vilarnau (Grupo González & Byass).

O programa da Master Class dirixida a técnicos, persoal de adegas, elaboradores de espumosos e membros da Cofradía inclúe:
✓ Elaboración do Cupaje (formación práctica con mostras de base cava).
✓ Elaboración de base cava sen sulfuroso.
✓ Problemática da fermentación maloláctica en botella durante a segunda fermentación no contexto do cambio climático: Maloláctica si ou non en base cava?

O evento conta coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño e do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas. As prazas son limitadas ata completar aforo.
Inscricións a través do correo cofconteaespu@gmail.com indicando nome, apelidos e teléfono de contacto das persoas inscritas ou nos teléfonos 636 75 72 63 / 606 96 70 5.

A Cofradía do Viño Condado do Tea e Espumosos anima a todos os profesionais interesados en afondar na técnica e no coñecemento dos viños espumosos a participar nesta cita única con unha das grandes especialistas do sector

Publicacións Relacionadas