HomeO MorrazoMarínVolve unha nova edición do Campamento Dixital para nenos e nenas de...

Volve unha nova edición do Campamento Dixital para nenos e nenas de entre 9 e 17 anos

- Anuncio -spot_img

Será os días 22 e 23 de decembro, entre as 16.00 e as 20.00 horas.

Trátanse temas como a ciberseguridade, a creación de contido dixital ou o uso responsable da tecnoloxía. As inscricións realízanse chamando ao 986 890 969 ou no mail cemit.marin@xunta.gal

A Aula CeMit de Marín acollerá os días 22 e 23 de decembro, de 16.00 a 20.00 horas, unha nova edición do Campamento Dixital, unha formación 100% gratuíta para que os nenos e nenas de entre 9 e 17 anos melloren as súas competencias dixitais e se enfrenten aos retos que existen dentro da esfera dixital.

A formación, que está certificada, está impartida por educadores especializados e conta con distintos módulos formativos en función das idades.
Aos participantes de 9 a 11 anos ensínaselles a buscar información de valor en Internet, a coñecer as ferramentas para crear contido dixital, a crear contrasinais seguras e protexer os seus datos persoais e a ter pautas para verificar a información que se comparte, aprendendo a detectar novas falsas.

Cos de 12 a 13 anos, trátanse consellos para controlar o tempo fronte ás pantallas e para coidar a privacidade e as normas de comportamento nas redes sociais.

Ademais, ensinaráselles a aprender a filtrar e buscar información de xeito máis efectivo e detectar e previr situacións de ciberacoso.

Finalmente, para os rapaces e rapazas de 14 a 17 anos os módulos inclúen a adopción de hábitos saudables de desconexión e benestar dixital, o uso consciente e responsable de Internet e as redes sociais, recomendacións sobre protección de datos, identidade dixital e reputación online e competencias dixitais para a procura do emprego.

Para inscribirse será preciso facelo a través antes do 1 de decembro chamando ao 986 890 969 ou no mail cemit.marin@xunta.gal.

Publicacións Relacionadas