HomeO MorrazoMarínMáis de 30 novas balizas turísticas cun código QR achegarán información actualizada...

Máis de 30 novas balizas turísticas cun código QR achegarán información actualizada aos visitantes dos recursos máis importantes da vila

- Anuncio -spot_img

Esta semana rematouse a instalación destes totems, fabricados con materiais sostibles e con durabilidade, que forman parte do contrato de desenvolvemento da Oficina Virtual de Turismo

A sinalización turística é básica para achegar a información actualizada e contrastada dos recursos turísticos tanto á cidadanía como ás persoas que nos visitan.

Por iso, dentro do contrato da creación dunha Oficina Virtual de Turismo, englobouse a colocación dunhas balizas que permitan coñecer cales son os datos, a orixe e as curiosidades destes lugares emblemáticos do noso municipio.

Así, esta semana rematouse coa colocación destes totems, fabricados en materiais sostibles e con durabilidade, que constan dun pequeno soporte no que se lles incrustou unha placa co nome do recurso e un QR, que leva directamente á ficha dixital creada dentro da nova web de turismo: marinturismo.es

Concretamente, os recursos sinalizados foron os seguintes, clasificados por categorías:
Patrimonio Cultural:

  • Praza de Abastos
  • Museo Municipal Manuel Torres
  • Museo do Mar
  • Paseo Alcalde Blanco
  • Capela das Sete Espadas
  • Templo Vello + casco antigo de Marín
  • Igrexa de Santa María do Campo
  • Igrexa de Santa María do Porto
  • Igrexa de San Xosé Obreiro de Cantodarea
  • Igrexa de Santa María de Ardán
  • Igrexa de Santomé de Piñeiro
  • Igrexa de San Xulián
  • Igrexa de San Diego
  • Igrexa de Seixo
  • Igrexa Evanxélica de Seixo
  • Igrexa Evanxélica de Marín
    Costa:
  • Praia de Portocelo
  • Praia de Mogor
  • Praia de Aguete
  • Praia de Loira
  • Praia do Santo
  • Praia da Coviña
  • Praia de Ribeira
    Espazos Verdes:
  • Finca de Briz
  • Lago de Castiñeiras
  • Fervenzas de Neibó
  • Parque da Brea
  • Miradoiro de Portocelo
  • Miradoiro de Mogor
  • Miradoiro de Pastoriza
  • Miradoiro do Cruceiro do Vento
  • Miradoiro da Moreira
  • Miradoiro da Teoira
    Arte rupestre:
  • Petróglifos de Mogor
  • Menhir de Currás
    *No caso do Castro da Subidá non se colocou porque xa conta cunha sinaléctica turística renovada coa

Publicacións Relacionadas