O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado de Cultura, Jorge Cubela; foi recibido este martes na Embaixada de España no Uruguai polo embaixador Javier Salido. Un encontro que serviu para seguir estreitando os lazos entre a comunidade galega deste país e a provincia de Pontevedra.



