HomePontevedraCaldasA Asociación Cultural “Vagalumes”, con motivo da conmemoración do aniversario de Olimpio...

A Asociación Cultural “Vagalumes”, con motivo da conmemoración do aniversario de Olimpio Arca Caldas presenta a VIII Mostra de Teatro Escolar

- Anuncio -spot_img

A Asociación Cultural “Vagalumes”, con motivo da conmemoración do aniversario de Olimpio Arca Caldas, e dentro do noso compromiso coa continuidade do seu labor de renovación pedagóxica e dinamización cultural, presentamos a VIII Mostra de Teatro Escolar que leva o nome do homenaxeado. Promotor deste tipo de actividade no ensino.
Estas xornadas levaranse a cabo o 25 e 26 de novembro ás 18:30 h. no Teatro Principal da Estrada. Co seguinte repertorio de obras:

Martes,  25 de novembro, ás 18:30 h.

  • CEIP do Foxo: “Os que non ven”
  • CEIP Cabada Vázquez: “O lobo en calzóns”
  • IES Avelina Valladares: – “Selfie”
  • CEIP Figueiroa: “Parto da terra”
  • IES Manuel García Barros: “A Pousada”  

Mércores 26 de novembro, ás 18:30 h.

  • CEIP Oca: “O segredo do xabarín”
  • CEIP Pérez Viondi: “Punto Laranxa”
  • CEIP Villar Paramá: “A alcaldesa do RIS”.
  • IES Antón Losada Diéguez: “Voces dende o entullo”

A entrada é libre e gratuíta e convidamos a asistir a toda a veciñanza da nosa comarca para gozar do teatro e apreciar o talento da nosa rapazada e do profesorado que os dinamiza e se implica nesta tarefa tan importante para o seu desenvolvemento persoal e emocional.

Publicacións Relacionadas