- Román Rodríguez destaca que é unha “oportunidade extraordinaria para que os estudantes transformen o seu talento en solucións reais para o tecido produtivo”
- Salienta que o impulso da FP é “unha das grandes estratexias de futuro” de Galicia
- Máis de 254 equipos abordan 20 retos propostos por empresas, coas incorporacións de Rodrigo López Auto, Grupo Intaf, HP, Applus +, Portomuiños, GRI Towers Galicia e CIE Galfor
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, participou hoxe no lanzamento dos retos da III edición do programa InnovaTech FP, que este ano acada un novo récord de participación: máis de 1.000 estudantes, un 7% máis que na pasada edición, e 20 empresas implicadas, o dobre que na súa primeira convocatoria.
O titular de Educación, acompañado pola directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, destacou que InnovaTech FP “é unha oportunidade extraordinaria para que o alumnado transforme o seu talento en solucións reais para o tecido produtivo galego”. Subliñou que o crecemento do programa “demostra que a FP está preparada para responder, con creatividade, ás demandas tecnolóxicas dunha sociedade en constante cambio”. Román Rodríguez lembrou que a finalidade deste proxecto é integrar a innovación e o emprendemento nos centros de Formación Profesional.
Román Rodríguez asegurou que a Formación Profesional é “unha das grandes estratexias de futuro” de Galicia, xa que persigue formar alumnos para que poidan inxerirse nas estruturas produtivas grazas a adquirir un desempeño profesional e laboral que aporta valor ao crecemento das empresas. “Temos a primeira FP de España”, subliñou o conselleiro, que agradeceu ao profesorado, aos alumnos e ás empresas o seu papel esencial neste éxito colectivo que o Goberno galego seguirá apoiando e reforzando.
Nesta edición, competirán 254 equipos (101 da provincia de A Coruña, 83 de Pontevedra, 42 de Ourense e 28 de Lugo) acompañados por 225 docentes. Todos eles traballarán ao longo do curso no seu proxecto en equipo co obxectivo de integrar habilidades diversas e promover a igualdade de oportunidades. Nesta edición participan 20 empresas, o dobre que na primeira edición, e se incorporan ao programa Rodrigo López Auto, Grupo Intaf, HP, Applus +, Portomuiños, GRI Towers Galicia e CIE Galfor.
O conselleiro tamén subliñou os primeiros resultados de InnovaTech FP en só dous cursos, co rexistro da primeira patente xurdida dun proxecto dos estudantes e a creación das súas primeiras empresas. En concreto, este ano, o Centro da Innovación da FP Eduardo Barreiros rexistrou a primeira patente do programa Netclean, un sistema autosuficiente para a xestión de fosas sépticas en contornos rurais, desenvolvido polo alumnado do Centro Integrado de FP Valentín Paz Andrade (Vigo) como gañador do reto de Viaqua. Ademais, o programa tamén derivou na creación dunha empresa real, RQR, unha marca artesanal de calzado con sede en Castro de Rei, nacida do proxecto gañador da primeira edición a partir dun reto de elPulpo. Actualmente, está en fase de creación o proxecto Escoitatech, tras gañar o reto de Viaqua na segunda edición. As empresas participantes nas tres edicións de InnovaTech FP ascenden a un total de 28.
Centros, empresas e retos
| EMPRESA | CENTROS PARTICIPANTES | RETO |
| 1-Naturgy | IES Fernando Wirtz (A Coruña) CIFP Universidade Laboral (Culleredo) CIFP Politécnico (Santiago de Compostela) CIFP Someso (A Coruña) CIFP As Mercedes (Lugo) CIFP Porta da Auga (Ribadeo) IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño) IES O Ribeiro (Carballiño) IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) CIFP A Granxa (Ponteareas) CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) IES Plurilingüe de Valga (Valga) | Mellora da integración ambiental das presas. |
| 2-L’Oreal | CIFP Ferrolterra (Ferrol) IES Terra de Xallas (Santa Comba) IES de Arzúa (Arzúa) CIFP Imaxe e Son (A Coruña) CIFP As Mercedes (Lugo) IES A Pinguela (Monforte de Lemos) CIFP Porta da Auga (Ribadeo) IES 12 de Outubro(Ourense) CIFP Portovello (Ourense) IES Aller Ulloa (Lalín) IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) IES Indalecio Pérez Tizón (Tui) IES de Teis (Vigo) IES de Vilalonga (Sanxenxo) CIFP Audiovisual (Vigo) | Plataforma dixital integral para a xestión dun salón de perruquería. |
| 3-CETAQUA | CIFP Politécnico (Santiago de Compostela) CIFP Ánxel Casal-Monte Alto (A Coruña) IES de Vilalonga (Sanxenxo) | Sistema integral de peletización para converter residuos en pellets. |
| 4-Finsa | IES Fernando Wirtz (A Coruña) CIFP Ferrolterra (Ferrol) CIFP Politécnico (Santiago de Compostela) IES de Arzúa (Arzúa) CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) IES García Barbón (Verín) IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia) IES O Ribeiro (Ribadavia) CIFP de Vilamarín (Vilamarín) IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada) CIFP A Granxa (Ponteareas) CIFP Manuel Antonio (Vigo) CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa) IES Luis Seoane (Pontevedra) IES de Vilalonga (Sanxenxo) IES Plurilingüe de Valga (Valga) | Alternativas innovadoras para valorizar virutas de piñeiro. |
| 5-elPulpo | CIFP As Mercedes (Lugo) CIFP Porta da Auga (Ribadeo) IES García Barbón (Verín) CIFP Portovello (Ourense) CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa) CIFP Cantería de Galicia (Poio) | Aplicación que relacione a disposición do mobiliario nas tendas coas vendas. |
| 6-Fundación San Rosendo | CIFP Universidade Laboral (Culleredo) CIFP Compostela (Santiago de Compostela) CIFP Leixa (Ferrol) CIFP Ánxel Casal-Monte Alto (A Coruña) IES da Pobra do Caramiñal (A Pobra) IES Eduardo Pondal (Ponteceso) CIFP Imaxe e Son (A Coruña) CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) CIFP As Mercedes (Lugo) IES Monte Castelo (Burela) CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) CIFP A Farixa (Ourense) CIFP de Vilamarín (Vilamarín) CIFP Portovello (Ourense) IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) IES A Guía (Vigo) CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa) CIFP A Xunqueira (Pontevedra) CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) IES Monte da Vila (O Grove) IES de Chapela (Redondela) CIFP Audiovisual (Vigo) | Protocolo de aplicación da musicoterapia en centros asistenciais. |
| 7-Diesemm | IES Fernando Wirtz (A Coruña) CIFP Universidade Laboral (Culleredo) CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) CIFP Compostela (Santiago de Compostela) IES da Pobra do Caramiñal (A Pobra) CIFP Fraga do Eume (Pontedeume) CIFP Imaxe e Son (A Coruña) CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) CIFP As Mercedes (Lugo) CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) CIFP A Farixa (Ourense) CIFP de Vilamarín (Vilamarín) IES Aller Ulloa (Lalín) | Plataforma dixital de xestión do turismo deportivo en Galicia. |
| 8-Repsol | CIFP Politécnico (Santiago de Compostela) CIFP Montecelo (Pontevedra) | Sistema de control en tempo real de materiais dispoñibles nunha planta. |
| 9-EBA | CIFP Ferrolterra (Ferrol) CIFP As Mercedes (Lugo) | Solución dixital que integre información loxística e produtiva na fabricación de mobiliario de alta gama. |
| 10-Grupo Cuevas | CIFP Ferrolterra (Ferrol) CIFP Coroso (Ribeira) CIFP Ánxel Casal-Monte Alto (A Coruña) Cifp paseo das pontes (A Coruña) IES María Sarmiento (Viveiro) IES Monte Castelo (Burela) CIFP A Farixa (Ourense) IES O Ribeiro (Ribadavia) CIFP de Vilamarín (Vilamarín) CIFP Manuel Antonio (Vigo) | Sistema para depurar, reciclar e aproveitar a auga do procesado da castaña. |
| 11-Windwaves | CIFP Ferrolterra (Ferrol) CIFP Politécnico (Santiago de Compostela) | Sistema automatizado de lectura dixital e mecanizado de precisión. |
| 12-Grupo Gestán | CIFP Politécnico (Santiago de Compostela) CIFP Ánxel Casal-Monte Alto (A Coruña) CIFP Someso (A Coruña) CIFP Porta da Auga (Ribadeo) CIFP A Xunqueira (Pontevedra) CIFP Cantería de Galicia (Poio) | Prototipo para transformar residuos complexos en novos materiais. |
| 13-Quescrem | Cifp paseo das pontes (A Coruña) CIFP A Granxa (Ponteareas) IES Politécnico de Vigo (Vigo) | Métodos non invasivos para restaurar a capacidade das membranas. |
| 14-HP | IES Fernando Wirtz (A Coruña) CIFP Universidade Laboral (Culleredo) IES Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes) CIFP As Mercedes (Lugo) CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) CIFP Portovello (Ourense) IES Pedra da Auga (Ponteareas) CIFP Audiovisual (Vigo) | Plataforma con IA para monitorizar en tempo real o tráfico marítimo. |
| 15-Applus | CIFP Universidade Laboral (Culleredo) CIFP Ferrolterra (Ferrol) CIFP Politécnico (Santiago de Compostela) CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) | Sistema de medición de caudal fiable, accesible e de baixo custo. |
| 16-Portomuiños | CIFP Compostela (Santiago de Compostela) IES da Pobra do Caramiñal (A Pobra) CIFP Fraga do Eume (Pontedeume) IES Maximino Romero de Lema (Zas) CIFP Imaxe e Son (A Coruña) Cifp paseo das pontes (A Coruña) CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) IES O Ribeiro (Ribadavia) CIFP de Vilamarín (Vilamarín) CIFP Portovello (Ourense) IES Frei Martín Sarmiento (Pontevedra) CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa) CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa) IES Luis Seoane (Pontevedra) CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) CIFP Audiovisual (Vigo) | App interactiva para descubrir o potencial culinario das algas. |
| 17-GRI Towers Galicia | IES Fernando Wirtz (A Coruña) CIFP Ferrolterra (Ferrol) CIFP Porta da Auga (Ribadeo) IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño) CIFP Montecelo (Pontevedra) | Visión artificial para detectar defectos en chapas de aceiro. |
| 18-CIE Galfor | CIFP Universidade Laboral (Culleredo) CIFP Ferrolterra (Ferrol) CIFP Politécnico (Santiago de Compostela) CIFP Someso (A Coruña) IES Universidade Laboral (Ourense) IES O Ribeiro (Ribadavia) IES Politécnico de Vigo (Vigo) CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) IES Plurilingüe de Valga (Valga) | Sistema de garras ou suxeición para manipular pezas de aluminio. |
| 19-Rodríguez López | CIFP Porta da Auga (Ribadeo) IES O Ribeiro (Ribadavia) CIFP Manuel Antonio (Vigo) | Solucións innovadoras para optimizar unións entre distintos materiais. |
| 20-Grupo Intaf | CIFP Universidade Laboral (Culleredo) CIFP Ferrolterra (Ferrol) CIFP Politécnico (Santiago de Compostela) CIFP Someso (A Coruña) CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño) CIFP A Farixa (Ourense) IES O Ribeiro (Ribadavia) CIFP Montecelo (Pontevedra) CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa) CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) IES de Vilalonga (Sanxenxo) | Carro de ferramentas modular para subministración en postos industriais. |



