A proposta de Alternativa para que a veciñanza poida usar espazos municipais para celebrar as súas propias actividades, reunións familiares, aniversarios… foi aceptada polo goberno municipal.
Alternativa presentou esta iniciativa dando voz a moita veciñanza de Cambre, principalmente das zonas máis urbanas, que demandaba este servizo instaurado dende fai anos en concellos limítrofes.
O goberno municipal escoitou e aceptou a proposta comprometendose a que este servizo inicie a funcionar o vindeiro ano 2026.



