HomePontevedraO CondadoSalvaterra de Miño organiza o tradicional Mercado de Nadal e o Concurso...

Salvaterra de Miño organiza o tradicional Mercado de Nadal e o Concurso de Escaparates, Balcóns e Fiestras

- Anuncio -spot_img

Achégase o Nadal e o Concello de Salvaterra de Miño comeza a anunciar as actividades e iniciativas de cara a esta data tan especial.

Un ano máis e despois do éxito das primeiras edicións, o Concello de Salvaterra de Miño presenta o Mercado de Nadal para asociacións, comerciantes e artesáns para os días 19 e 20 de decembro na Praza do Concello.

A actividade incluída dentro do plan de promoción e dinamización da vila, comezará o venres 19 coincidindo coa inauguración da decoración da praza na que, ó igual que o pasado ano, participan os alumnos e alumnas dos centros educativos e do ciclo de Carpintaría do IES Salvaterra de Miño.

A Praza do Concello de Salvaterra de Miño convértese durante o Nadal nun espazo moi atractivo para veciños, veciñas e visitantes que poderán contemplar o traballo de carpintaría en pezas que son moi admiradas sobretodo polos máis pequenos. Pero a praza non será o único espazo que contará coa decoración do alumnado do ciclo, senón que diferentes puntos do casco urbano albergarán motivos de Nadal creados por eles.

As prazas para os postos son limitadas polo que aqueles interesados en participar deberán enviar os seus datos á seguinte dirección de correo electrónico comunicacion@concellodesalvaterra.org

Ó mesmo tempo o Concello lanza o Concurso de Escaparates que igual que o pasado ano contará con dúas categorías: unha de escaparates de Nadal para os establecementos e comercios e outra de balcóns e fiestras para veciños e veciñas de Salvaterra de Miño.

Ó fin desta inciativa é promover o espírito do Nadal entre a poboación e promocionar o noso comercio e a súa oferta ademais do propio Concello e os seus atractivos.

Os establecementos e persoas interesadas deberán enviar a súa foto antes do 12 de decembro ó correo comunicacion@concellodesalvaterra.org onde ademais indicarán os seus datos para a participación no concurso. Unha vez recibidas as fotos publicaranse nas redes sociais do Concello de Salvaterra de Miño (Instagram e Facebook).

O gañador será o que maior número de Me Gustas consiga entre as dúas redes sociais unha vez finalice o concurso o 7 de xaneiro, ó día seguinte publicarase o escaparate e balcón ou fiestra que gañaron o concurso. O premio para o mellor escaparate est composto por unha cea para dúas persoas, dous bonos para o Espazo Lúdico Termal de Teáns-Oleiros e vídeo promocional do local. O premio para o mellor balcón ou fiestra será unha cea para dúas persoas e dous bonos para o Espazo Lúdico Termal de TeánsOleiros.

Publicacións Relacionadas