HomeVigoBaionaO concello de Baiona presenta a programación para o BaiNadal 2025

O concello de Baiona presenta a programación para o BaiNadal 2025

- Anuncio -spot_img

Hoxe xoves 27 de novembro, ás 12:00h, no salón de plenos do Concello de Baiona tivo lugar a presentación da programación Bainadal 2025. Neste acto, o Concello de Baiona deu a coñecer toda a programación lúdica e festiva nestas datas de Nadal, que terá lugar durante todo o mes de decembro e primeira semana de xaneiro na Vila e nas parroquias do Municipio.

A programación arrinca o venres 28 de novembro co aceso da iluminación do Nadal, que comezará ás 17:00h co pasacalles de animación infantil “Vos Paxes Tolos” e culminará ás 19:00h na Praza do Concello onde terá lugar o aceso das luces de Nadal. Acto seguido terá lugar o concerto de “Marcos Sabor Sax” ata ben entrada a noite.

Serán máis de 35 eventos cos que os nosos veciños e visitantes poderán gozar dun Nadal familiar e sostible, poñendo en valor o traballo dos nenos (e non tan nenos) en eventos xa consolidados como o certame de microbelenes e a decoración do Nadal con materiais reciclados para promover a reutilización de elementos para a súa realización.

Teremos concertos, espectáculos infantís, visitas guiadas, pasacalles, e eventos tan reseñables como as visitas de PAPÁ NOEL ás parroquias, e do CARTEIRO REAL o 4 de xaneiro, que estará na praza do Concello recollendo as cartas de todos aqueles nenos que queiran entregarlla persoalmente.

Como broche a esta programación Bainadal, terá lugar a GRAN CABALGATA DE REYES 2026 que sairá desde Puente Romano ás 17:00h e desde Santa Marta ás 18:00h. Más de 6 módulos e unha comitiva de 500 persoas acompañarán ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente ata a praza do Concello onde recibirán a todos os nenos que desexen saudalos.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destacou o esforzo en realizar unha decoración sostible, uniforme e integrada das rúas e prazas da vila, chegando este ano a superar o millón de luces led, con novos elementos singulares, photocalls, figuras 3D transitables e espazos decorativos de gran formato distribuídos por todo o municipio. “Cada recuncho de Baiona brillará cunha decoración coidada e respectuosa” indícanos.

Mostrou o seu agradecemento ás institucións, que a través dos programas + Escénicas da Deputación de Pontevedra, e á Secretaría Xeral de Política Lingüística dá Xunta de Galicia, que participan en varios eventos que se realizasen durante o Nadal e ás asociacións culturais, deportivas, sociais e económicas da Villa, que sempre colaboran para que o Nadal sexa un evento especial e familiar.

Publicacións Relacionadas