HomeXunta de GaliciaA Xunta e a CEG estudan posibles modificacións do procedemento administrativo ambiental...

A Xunta e a CEG estudan posibles modificacións do procedemento administrativo ambiental para axilizar e simplificar a tramitación dos proxectos

- Anuncio -spot_img

Ángeles Vázquez explica que ese é o obxectivo da futura Lei de administración ambiental simplificada, cuxo anteproxecto está en fase de información pública

A Xunta e Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) estudarán posibles modificacións do procedemento administrativo ambiental para axilizar e simplificar a tramitación dos proxectos.

Durante unha reunión celebrada hoxe en Santiago de Compostela, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, trasladoulle ao presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, que a simplificación administrativa é un dos obxectivos do Goberno galego.

De feito, o texto do anteproxecto da lei de administración ambiental simplificada está dispoñible no portal de transparencia, no marco do trámite de información pública, para que calquera interesado poida presentar as súas achegas e alegacións, que serán analizadas despois pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático co fin de enriquecer o documento inicial.

Esta futura lei unificará o marco normativo vixente e avanzará na simplificación dos distintos trámites administrativos de competencia autonómica e local aos que deben someterse aquelas actividades e proxectos que poidan causar un impacto potencial no medio ambiente.

Así, tal e como explicou a conselleira, con esta nova normativa reforzarase a seguridade xurídica que piden tanto os promotores de iniciativas económicas suxeitas a avaliación ambiental como as administracións encargadas de aplicala, ao tempo que se axiliza a súa tramitación con plenas garantías, pero evitando solapamentos e duplicidades.

Publicacións Relacionadas