HomeA CoruñaUnha vintena de obras expóñense en Ribeira ao abeiro do XIX Premio...

Unha vintena de obras expóñense en Ribeira ao abeiro do XIX Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica

- Anuncio -spot_img

 A mostra pódese visitar ata o 13 de decembro

Unha escolma de 23 de obras conforman a mostra correspondente co XIX Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica 2024 promovida pola Deputación da Coruña e que chega no seu itinerario ao Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira.

Durante a apertura, a concelleira de Cultura, Ana Barreiro, destacou que “Ribeira goza dun forte dinamismo cultural e, proba disto, son os eventos que tivemos coa arte, o teatro ou a literatura nas últimas semanas.”

A dita mostra atópase integrada por creacións procedentes de diferentes disciplinas técnicas escollidas polo xurado do dito certame anual. Entre as pezas exhibidas atópase a gañadora desta edición: a serigrafía A la deriva II, de José Andrés Santiago. Tamén se pode contemplar a mención de honra Nevado II, de Miriam Canera Arranz.

A gañadora está integrada por un conxunto de pequenas pezas de papel washi xaponés, serigrafiadas a man con tinta branca, onde se poden observar diferentes fragmentos do plano da cidade xaponesa de Kyoto. Estes trazos e a cor elixida outórganlle á peza moito movemento con sutileza.

Esta obra pertence á serie My Kyoto privado resultado da estadía posdoutoral do artista na Kyoto Seika University entre 2014 e 2016, que lle permitiu continuar co seu labor investigador no ámbito dos estudos de manga e anime. Esta experiencia de vagar pola urbe tivo como froito o conxunto de serigrafías.
“Convidámolos, polo tanto, a aventurarse nesta viaxe por Kyoto a través da tinta e do papel, ademais de coñecer outros artistas e a súa mirada creativa, aproveitando esta excelente oportunidade de achegarnos á estampa contemporánea”, rematou a edil.

A sala pódese visitar ata o 13 de decembro, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, ademais dos sábados, desde as 10.00 ata as 14.00 horas.

Publicacións Relacionadas