HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu e Liboreiro organizan esta semana as XXVI Xornadas...

O concello de Bueu e Liboreiro organizan esta semana as XXVI Xornadas Micolóxicas

- Anuncio -spot_img
  • As actividades terán lugar do 2 ao 4 de decembro no Centro Social do Mar a partir das 20.30 horas

O Concello de Bueu e a Agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro organizan do 2 ao 4 de decembro as XXVI Xornadas Micolóxicas que se celebrarán no Centro Social do Mar a partir das 20.30 horas e que incluirán varias charlas sobre o mundo dos cogomelos.

As xornadas arrancarán o martes 2 de decembro coa charla «Cara unha apaña de cogomelos sostible», impartida por María Cabaleiro, Doutora en Bioloxía, especialista en Etnomicoloxía. Myco Galicia Plantae da Universidade de Vigo.

O 3 de decembro continuarán con «Cultivos dominantes pero amigables: plantas que axudan a plantas nos campos agrícolas» de Adela M. Sánchez Moreiras, Catedrática de Fisioloxía Vexetal da Universidade de Vigo. E rematarán o 4 cunha mesa sobre fungos entomopatóxenos, a cargo de Cristina García – Echave Puente, Bióloga do Grupo Micolóxico Galego.

Estas xornadas pretenden achegar o mundo micolóxico ao público xeral, e de aí que se promovan diversas temáticas que se abordan sempre dende un punto de vista que combina a divulgación coa especialización.

Publicacións Relacionadas