HomePontevedraBaixo MiñoCreatividade grupal e espírito festivo no Concurso de Árbores de Nadal de...

Creatividade grupal e espírito festivo no Concurso de Árbores de Nadal de Tomiño

- Anuncio -spot_img

O Concello lanza a segunda edición deste certame que repartirá máis de 1.000 euros en premios

As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 10 de decembro

O espírito do Nadal sae á rúa con forza renovada: as árbores creadas pola propia veciñanza volverá transformar a Praza do Seixo nun pequeno bosque de luz, imaxinación e identidade local nestas datas. Arranca así a segunda edición do Concurso de Árbores de Nadal de Tomiño, unha convocatoria coa que o Concello convida a asociacións, familias e grupos de todo tipo a construír de forma colaborativa a súa propia peza festiva.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou que “este concurso xa forma parte do noso Nadal: une xeracións, dá voz á creatividade da veciñanza e convértese nun acto colectivo que enche de vida o espazo público. Tomiño é un concello con moita participación veciñal e estas iniciativas lembran que as tradicións máis fermosas son aquelas que se constrúen entre todos e todas”.

A participación está aberta a toda a veciñanza tomiñesa previa inscrición ata o 10 de decembro a través do formulario dispoñible na web municipal. Para facer efectiva a candidatura, os grupos deberán enviar antes do 15 de decembro unha fotografía da árbore presentada, un texto descritivo e copia dos DNI das persoas participantes ao correo tecnica.medioambiente@tomino.gal. Cada grupo poderá presentar unha única proposta e cada persoa só poderá formar parte dun único equipo.

Un concurso para crear comunidade

A edición deste ano manterá a fórmula grupal de mínimo dúas persoas e sen límite máximo, aberta a colectivos de todo tipo. O obxectivo é promover unha celebración compartida e, ao tempo, impulsar o uso de materiais ecolóxicos e resistentes á intemperie, un dos aspectos fundamentais que o xurado terá en conta.

O venres 19 de decembro recibiranse as árbores creadas para colocalas na Praza do Seixo e o sábado 20 un xurado profesional valorará deseño, creatividade, iluminación, dificultade técnica e o carácter festivo e sostible das creacións. Os premios serán tres cheques económicos de 600, 300 e 150€ para o primeiro, segundo e terceiro premio respectivamente.

Publicacións Relacionadas