HomeXunta de GaliciaA Xunta busca reforzar as relacións comerciais entre Galicia e os Emiratos...

A Xunta busca reforzar as relacións comerciais entre Galicia e os Emiratos Árabes Unidos na reunión co embaixador en España

- Anuncio -spot_img
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes aposta por incrementar as exportacións galegas no territorio
  • A conselleira do Mar destaca o interese do país emiratí polas boas prácticas do sector pesqueiro galego e a nosa cadea mar-industria

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, recibiu hoxe o embaixador dos Emiratos Árabes Unidos en España, Saleh Ahmad Alsuwaidi. No encontro abordouse a importancia de fortalecer as relacións comerciais entre ambos os territorios, co obxectivo de incrementar a exportación dos produtos galegos.

Nesa liña, cómpre lembrar que a Xunta abriu unha Antena do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) o ano pasado en Dubai para prestar asesoramento, elaborar axendas comerciais e facilitar a implantación de empresas galegas, entre outras funcións. En 2024 máis dun cento de compañías de Galicia exportaron aos Emiratos Árabes Unidos, por un valor de 74,6 millóns de euros.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, tamén recibiu ao embaixador emiratí, e destacou o coñecemento que amosou o representante diplomático polas boas prácticas do sector pesqueiro galego e da nosa cadea mar-industria. O embaixador trasladoulle á conselleira o interese da ministra de Seguridade Alimentaria de visitar Galicia para coñecer, en persoa, o traballo dos nosos sectores do mar, e de explorar vías de investimento. Galicia participará o vindeiro ano cun stand propio de empresas galegas nas dúas feiras de produtos do mar que se celebran nos Emiratos Árabes Unidos.

Publicacións Relacionadas