HomeOurenseOurensePura Rodríguez revalida a súa responsabilidade á fronte do PP de Gomesende

Pura Rodríguez revalida a súa responsabilidade á fronte do PP de Gomesende

- Anuncio -spot_img

·      Na súa intervención, a tamén alcaldesa agradeceu a unión e apoio constante aos seus proxectos recalcando que “entre todas e todos fomos quen de transformar Gomesende nun concello máis forte, máis moderno e mellor preparado para o futuro”

·      Recalcou o presidente provincial que Pura Rodríguez fose, xunto con outra compañeira, a que abrise o camiño en Gomesende á participación feminina na política, “algo que tamén conta se falamos de toda a provincia”, lembrando así que é unha das 13 alcaldesas do PP na provincia e das 29 populares en Galicia

Pura Rodríguez Álvarez (Viñal, Gomesende, 1966) vén de revalidar a súa responsabilidade á fronte do Partido Popular de Gomesende, cargo para o que resultou novamente elixida no congreso celebrado pola agrupación local coa presenza do presidente provincial, Luis Menor, e a vicepresidenta e secretaria xeral, Marta Novoa e Sandra Quintas.

Pura Rodríguez, tamén alcaldesa de Gomesende, lembrou a súa traxectoria política, iniciada en 1999 como concelleira e despois rexedora oito anos máis tarde: “naqueles tempos non eramos moitas as mulleres que participabamos en política, algo que afortunadamente foi mudando co paso do tempo”.

Na súa intervención agradeceu a unión e apoio constante aos seus proxectos recalcando que “entre todas e todos fomos quen de transformar Gomesende nun concello máis forte, máis moderno e mellor preparado para o futuro”.

Neste sentido, abordou o estilo de facer política do PP, primando a proximidade e ás persoas por encima de todo, “o que nos permitiu avanzar, elección tras elección, convertendo proxectos en realidades e necesidades en solucións”.

Luis Menor agradeceu o traballo de Pura Rodríguez nos máis de vinte anos dedicados á política local, merecentes da confianza das súas xentes: “Iso ocorre cando se escoita á veciñanza, faise unha boa xestión e acumúlase experiencia”.

Recalcou o presidente provincial que fose a tamén rexedora, xunto con outra compañeira, a que abrise o camiño en Gomesende á participación feminina na política, “algo que tamén conta se falamos de toda a provincia”, lembrando así que Pura Rodríguez é unha das 13 alcaldesas do PP na provincia e das 29 populares en Galicia.

Puxo en valor os congresos como “necesarios para consolidar o partido, para facelo máis forte, para que a veciñanza vexa que estamos unidos” en torno a un partido “que ofrece estabilidade política e capacidade de desenvolver proxectos necesarios para o concello, como vén facendo Pura en todos estes anos”.

Publicacións Relacionadas