HomeA CoruñaBelén do Campo asiste ao encontro de Liga de rugby feminino entre...

Belén do Campo asiste ao encontro de Liga de rugby feminino entre Realta Crat Coruña e o CR Majadahonda

- Anuncio -spot_img

A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu  ao encontro da Liga de rugby feminino disputado no Campus de Elviña, Estadio Universitario da Mariña Dourada, que enfrontou ao Rialta CRAT Coruña contra o CR Majadahonda.

Belén do Campo quixo poñer en valor a dimensión deportiva e social do club coruñés, subliñando que o CRAT “é xa un referente indiscutible do deporte feminino en Galicia, unha entidade que representa a excelencia, o esforzo e os mellores valores do rugby”.

A delegada lembrou que este equipo participou na Campaña de Promoción e Sensibilización do Deporte Feminino Galego 2025, incluíndo un partido dedicado a rexeitar a violencia de xénero no deporte, con motivo 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Esta campaña tivo como obxectivo reforzar a difusión da marca “Deporte Galego” asociada aos valores de igualdade, esforzo e superación que caracterizan ás deportistas galegas.

Así mesmo, Belén do Campo trasladou o apoio do Goberno galego a iniciativas que impulsen o desenvolvemento do deporte feminino, a práctica deportiva e a consolidación de disciplinas que fomentan a cooperación, a inclusión e a vida saudable.

Publicacións Relacionadas