O Concello de Ourense pon á venda desde hoxe as entradas para o espectáculo de Papá Noel no Auditorio Municipal, que terá lugar o martes, 23 de decembro, en 3 sesións (17.00 h, 18.15 h e 19.30 h). Os pases pódense adquirir a través da páxina web de Ataquilla, a partir de 4 euros. Todas as persoas asistentes deberán adquirir entrada independentemente da súa idade.
Entradas para RECIBIMIENTO PAPÁ NOEL OURENSE | Ataquilla
Papá Noel encontrarase cos nenos e as nenas de Ourense nun espectáculo único, creado e dirixido por Pablo Méndez, cun elenco formado por 15 artistas e técnicos, iluminación espectacular e efectos especiais que converterán a tarde do 23 de decembro nun nomento máxico para o público asistente.



