HomeA CoruñaPrimeira xornada de actividade na Casa dos Xoguetes, habilitada polo Concello para...

Primeira xornada de actividade na Casa dos Xoguetes, habilitada polo Concello para dar unha segunda vida aos útiles nestas festas do Nadal

- Anuncio -spot_img

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, visitou esta mañá as instalacións habilitadas na oficina da OMIC na Costa da Palloza, operativas ata o día 3 de xaneiro

A concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, visitou esta mañá as instalacións da Casa dos Xoguetes, unha iniciativa impulsada polo Concello nestas festas de Nadal co obxectivo de darlle unha segunda vida aos útiles e fomentar a súa reutilización.

Como xa é habitual por estas datas, a Casa das Xoguetes está habilitada nas dependencias da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), situada na rúa Costa da Palloza, 8. Cabanas lembrou que a campaña deste ano rematará o 3 de xaneiro. “A chegada do Nadal supón unha boa ocasión para recalcar a importancia de promover a economía circular e o consumo responsable. Coa Casa dos Xoguetes, todas e todos os coruñeses poderán achegar aqueles xoguetes que xa non empreguen e que outros nenos e nenas poidan disfrutar deles, ao tempo que poderán levar os que mais lle gusten dos que están expostos e se correspondan co valor dos seus cupóns ”, explicou Cabanas.

Baixo o lema Cambia de aventura, o Goberno de Inés Rey busca implicar á cidadanía nesta iniciativa solidaria que convida a reflexionar sobre o valor de compartir e o impacto positivo das nosas accións no entorno.

Esta mañá, Cabanas precisou que “a doazón de xoguetes estará habilitada entre o 1 e o 31 de decembro” e que o horario da Casa dos Xoguetes será de luns a venres (de 11:00 a 18:00 horas, ininterrompidamente), os sábados (de 11:00 a 14:00 horas) e con aperturas especiais os días 24 e 31 de decembro (de 11:00 a 14:00 horas). Os domingos e festivos a Casa dos Xoguetes estará pechada.

Neste primeiro día de actividade, alumnas e alumnos do CEE Nosa Señora de Lourdes visitaron a Casa dos Xoguetes, realizando as súas doazóns de útiles. No centro educativo coruñés están a desenvolver, precisamente, un proxecto de economía circular.

Actividades creativas para nenas e nenos de 4 a 10 anos, de balde

Na visita desta mañá ás instalacións da OMIC, Diana Cabanas recordou que, durante este Nadal e ata o 3 de xaneiro, a Casa dos Xoguetes ofrecerá obradoiros creativos e actividades lúdicas.

Entre as propostas destacan os obradoiros de reciclaxe e manualidades (postais de Nadal e de Reis, adornos sostibles, cápsulas de neve, xardineiras e xogos feitos con refugallo) e actividades lúdicas como contacontos, debuxo colaborativo e xogos do agasallo.

Todas as actividades son de balde e a inscrición pódese levar a cabo 15 minutos antes do inicio de cada sesión, na propia Casa dos Xoguetes. Máis información, aquí.

Publicacións Relacionadas