HomeVigoMosMos aproba o maior orzamento da historia do municipio, que ascende a...

Mos aproba o maior orzamento da historia do municipio, que ascende a case 16 millóns de euros

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos aprobou hoxe en Pleno o orzamento municipal para 2026, que ascende a 15.885.675,48 euros, a cifra máis alta da historia do municipio e que supón case un millón de euros máis que o do exercicio anterior. As contas foron aprobadas por maioría e consolidan un modelo baseado na responsabilidade, na estabilidade financeira e na prioridade das persoas.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, destacou que este orzamento “é unha ferramenta fundamental para seguir avanzando nun Mos máis social, máis moderno e con mellores servizos públicos”, lembrando que “chega tras varios anos de excelentes resultados económicos, impostos conxelados desde 2012 e unha débeda aínda moi baixa”.

Unha situación económica que permite actuar agora e non esperar anos

Esta boa saúde financeira municipal permite tamén a opción de solicitar un préstamo de 1,2 millóns de euros, que Arévalo definiu como “unha decisión responsable e necesaria para non atrasar actuacións clave que mellorarán a vida da veciñanza”.

Coa incorporación deste crédito, a débeda municipal situarase en torno ao 22 %, unha cifra moi por debaixo do 110 % que permite a lei, o que reflicte unha situación económica sólida e xestionada con prudencia.

“Non é un crédito por necesidade, senón por planificación. Pedímolo porque Mos pode permitilo e porque é o momento de acelerar obras fundamentais”, sinalou.

“Un orzamento para un Mos das persoas”

A alcaldesa definiu as contas como “un orzamento social, realista e feito pensando en todos os veciños e veciñas”, subliñando que combina: estabilidade económica, máis servizos públicos, maior investimento en igualdade e benestar, máis infraestruturas e mellor mobilidade, e un forte impulso institucional con máis de 17 millóns de euros mobilizados doutras administracións.

“Mos segue avanzando con paso firme, sen subir impostos, con máis investimento público ca nunca e cunha folla de ruta clara: construír un Mos das persoas, con máis oportunidades, máis calidade de vida e máis futuro”, concluíu Arévalo.

Un orzamento que permitirá recibir máis de 17 millóns de euros doutras administracións

Por outra banda, durante o Pleno, Nidia Arévalo destacou que Mos, trala xestión realizada durante todo o ano, Mos está en situación de optar a arredor de 17.000.000 € en investimentos doutras administracións —Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra— que permitirán executar grandes proxectos estratéxicos no municipio. A rexedora subliñou que “Mos está nun dos momentos de maior investimento público da súa historia. A colaboración institucional permite multiplicar as capacidades do Concello e avanzar máis rápido e con ambición”.

Publicacións Relacionadas