HomeOurenseA cidade de Ourense despedirá 2025 cunha carreira popular: a décima edición...

A cidade de Ourense despedirá 2025 cunha carreira popular: a décima edición da San Silvestre Ourensá

- Anuncio -spot_img

As inscricións pódense realizar na web de Carreiras Galegas

Ourense volverá despedir o ano cunha carreira popular, que percorrerá as rúas do centro da cidade o mércores, 31 de decembro pola tarde. O Consello Municipal de Deportes e o Club Ourense Atletismo, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo organizan a décima edición da Carreira Popular San Silvestre Ourensá, que esta mañá se presentou no salón de plenos. No acto participaron o presidente do Consello Municipal de Deportes, Aníbal Pereira, a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, o presidente do Club Ourense Atletismo, Óscar Seoane, o deputado provincial Jorge Pumar e o coordinador de deporte escolar do Servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Carlos Bericat.

A carreira terá 3 categorías: Absoluta (16.30 h); Sub10, Sub12 e Sub14 (16.15 h), e Pitufos (16.00 h), con saídas desde a rúa do Paseo, xunto á Subdelegación de Defensa.

Inscricións

As inscricións realizaranse a través de https://www.carreirasgalegas.com ata o día 28. A cota de inscrición aplícase só aos participantes na carreira absoluta: será de 5 euros até o 7 de decembro e de 7 euros despois.

“Será unha boa despedida do ano para entrar con enerxía no ano novo”, manifestou o presidente do Club Ourense Atletismo, Óscar Seoane,  quen subliñou que a proba reúne non só atletas, senón tamén familias enteiras que participan “para despedir o ano con moitas ilusións e entrar con forzas renovadas no seguinte”.

A carreira, na súa décima edición, é xa “un clásico”, asegurou o tenente de alcalde, Aníbal Pereira, quen destacou a alta participación deste evento. “Xuntar 1.600 persoas nunha proba é importantísimo, e creo que irá crecendo a cifra”. Engadiu que un autobús musical ambientará o inicio da carreira para animar o ambiente festivo e as luces da rúa do Paseo estarán acendidas durante o paso da proba.

Percorridos

  • Pitufos. 16.00 h: 100 m. Rúa do Paseo
  • Sub10 – Sub12 – Sub14: 16.15 h Unha volta por un circuíto de 1,25 km (Subdelegación de Defensa – Bedoya – Santo Domingo – Praza do Ferro – Rúa da Paz – Rúa das Tendas – Praza Maior –Lamas Carvajal – Rúa do Paseo).
  • 16.30 h Carreira absoluta: 5.25 km: Dúas voltas a un circuíto formado pola Rúa do Paseo (Subdelegación de Defensa) – Bedoya – Parque de San Lázaro – Pérez Serantes – San Francisco – Lúa – Praza do Correxidor – Praza dos Suaves – Cardeal Cisneros – Praza do Trigo – Hernán Cortés – Prieto Nespereira – Lugo – O Vilar – Praza da Ferraría – Cervantes – A Barreira – Praza Maior – Lamas Carvajal – Rúa do Paseo (Subdelegación de Defensa).

Máis información e inscricións:

https://www.carreirasgalegas.com/events/x-san-silvestre-ourens/BlpyyvmQ

Publicacións Relacionadas