HomeA CoruñaA reurbanización de Puente La Reina entrará en servizo este mes con...

A reurbanización de Puente La Reina entrará en servizo este mes con melloras de accesibilidade e funcionalidade tras un investimento de preto de medio millón

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, desprazáronse na mañá deste martes á rúa Puente La Reina, que se atopa na fase final de reurbanización, coa previsión de que sexa posta en funcionamento este mesmo mes, tras un investimento de 493.294,01 euros e cinco meses de execución dos traballos, desde o mes de xuño, paramellorar a calidade de vida da veciñanza.

A alcaldesa valorou esta “remodelación importante” que está “practicamente executada ao 100%, segundo avanzou, e que significou unha mellora da accesibilidade e a funcionalidade da zona cunha “mudanza dos pavimentos, sobre todo un ancheamento das beirarrúas segundo criterios de accesibilidade” e que da lugar a unha “imaxe de moita maior brandura, accesibilidade e humanización” da zona.

A rexedora destacou tamén que as obras permitiron realizar un importante cambio das redes de subministracións e servizos, así como unha mellora en canto á habitabilidade grazas á plantación de árbores creando unha faixa verde. Todo isto, con criterios de busca da eficiencia enerxética, a accesibilidade, que se enmarcan, sinalou Sanmartín, “nun momento de transformación importante de Santiago de Compostela” e realizado “de maneira participada, falando e colaborando coa veciñanza”.

Mellora da accesibilidade e a funcionalidade

Para lograr a mellora da accesibiliiade e a funcionalidade da rúa, reorganizouse o espazo dispoñible, mantendo un carril único de circulación. As novas beirarrúas son máis amplas e cun pavimento mais accesible e sen resaltes ou descontinuidades. Na intersección con otras rúas, tamén se acurtarán os puntos de cruzamento e elevaranse os pasos de peóns para mellorar a accesibildiade e a seguridade.

Para a mellora da calidade ambiental, colocouse unha faixa de vede contínua en toda a rúa que aumenta o verde urbano, engadindo novos exemplares, dunha forma máis ordenada e contínua, que mellorará a calidade e a habitabildiade do espazo desta rúa.

As redes de servizos públicos melloráronse grazas á renovación das redes de servizos existentes. Impantouse unha nova rede de saneamento separativa e a inrfaestrutura necesaria para o soterrado das cablaxes de telecomunicacións.

Os materiais empregados son coherentes coas reformas que se fixeron en rúas próximas, como a rúa de Quiroga Palacios ou Batalla de Clavijo.

Ao comezo dos traballos celebráronse sesións de información coa veciñanza e puxéronse á súa disposición canles específicas para atender as cuestións relacionadas con esta obra. (Tanto dos servizos técnicos do Concello como da empresa contratista). Recibíronse varias peticións e foron atendidas polo persoal técnico.

Esta obra forma parte das actuación que o Concello está levando a cabo nos barrios da cidade para rexenerar o espazo público, nas que se enmarcan tamén as obras de García Lorca e Pontepedriña. O obxectivo é mellorar a calidade de vida das persoas e vivir nunha cidade máis saudable e equitativa.

Publicacións Relacionadas