A Xunta de Galicia ven de comunicar ao Concello de Salvaterra de Miño a concesión dunha subvención por un importe de máis de 73.000 euros para levar a cabo un reforzo educativo para menores a través do Departamento de Servizos Sociais durante os anos 2026 e 2027.
A través desta subvención o Concello de Salvaterra de Miño contratará un/unha educador/a social para a execución das actividades que se deseñen dentro do Programa complementario de Educación e Apoio Familiar.
Reforzo socio educativo para menores, servizo independente no marco de ditas seccións do servizo de apoio á inclusión socio laboral. Inclúese o reforzo, orientación e apoio ao alumnado para fortalecer a importancia da educación, evitar o abandono prematuro na etapa de escolarización obrigatoria, reducir o absentismo escolar e facilitar a transición entre a educación primaria e a secundaria
A perspectiva de xénero será un dos eixes transversais en todas as liñas de actuación,
para facilitar o fomento da igualdade de oportunidades, paliando as situacións de
desfavorecemento e sensibilizando a homes e mulleres para abordar a problemática de
desigualdade socio laboral e compresión do seu papel activo no cambio de perspectiva.
Este programa entrará en funcionamento nos primeiro trimestre do ano 2026.



