HomePontevedraCaldasAvanza a bo ritmo a venda de bonos de desconto da campaña...

Avanza a bo ritmo a venda de bonos de desconto da campaña impulsada para fomentar as compras no comercio local

- Anuncio -spot_img

O Centro Comercial Aberto (CCA) informa de que xa se venderon tantos vales (máis de 300) en apenas uns días como ao longo de toda a edición de 2024

Os vales, de 30 euros pero a prezo de 20, pódense adquirir na sede do CCA ou nos establecementos asociados, nos que se poderán utilizar ata o vindeiro 30 de decembro

A campaña impulsada polo Centro Comercial Aberto (CCA) Caldas, en colaboración co Concello, xa empeza a dar os seus froitos. Desde onte luns xa se poden gastar nos establecementos asociados os vales de compra por valor de 30 euros, que desde o pasado 20 de novembro se poden adquirir por 20 euros (10 euros de desconto), nestes negociois ou na sede do propio CCA, situada na Praza José Sesto Casal, en horario de mañá. Desde o comezo da campaña, que busca reactivar incentivar a compra nos negocios de proximidade da vila, xa se despacharon máis de 300 dos 500 vales postos a disposición da cidadanía, o que equivale a todas as existencias que se venderon na edición de 2024.

A iniciativa, cofinanciada pola Xunta de Galicia, consiste na posta a disposición de compradores e compradoras de paquetes de vales de compra por valor de 30 euros, cun prezo de 20. A campaña permanecerá activa ata o martes 30 de decembro. Ata o de agora, a proposta está a causar un gran interese non só entre a veciñanza de Caldas de Reis, senón tamén entre habitantos doutros concellos da biisbarra, como Cuntis ou Portas. Neste sentido, desde o CCA lembran que para participar na campaña non é preciso estar empadroado ou empadroada na vila. O único requisito é facer uso do bono en negocios locais. Estímase que esta campaña, que se inclúe dentro da folla de ruta marcada polo Concello para dinamizar o tecido social e económico local, podería ter un retorno económico duns 40.000 euros. O alcalde, Jacobo Pérez, valora positivamente estes datos iniciais e recoñece que “todo apunta a que os 500 vales acabarán esgotándose, o que fala da gran aceptación que está a ter entre a cidadanía e tamén deixa clara a calidade do noso comercio de proximidade, que destaca polos seus produtos, a súa variedade e a atención de primeira á clientela”.
“Esta é unha iniciativa que axuda a fidelizar a clientela e reafirma o noso compromiso á hora de consolidar e dinamizar o comercio local, parar que siga a ser un dos principais motores económicos do noso concello durante todo o ano”, indicou o alcalde, que agradeceu o esforzo e implicación do Centro Comercial Aberto á hora de promover este tipo de iniciativas.

Lémbrase que os bonos poderán ser mercados por persoas maiores de 16 anos e só se permitirá unha adquisición por persoa. Á hora de efectuar as compras con este cheque, os e as clientas deberán presentar o seu DNI no establecemento no que vaian mercar. Jacobo Pérez salienta que esta campaña, ademais de atraer á veciñanza, tamén suporá “un aliciente para atrater a persoas doutros municipios da contorna para efectuar as súas compras de Nadal”, seguindo así coa folla de ruta do Concello á hora de consolidar a Caldas de Reis como capital e vila referente na comarca do Umia e do Ulla.

Publicacións Relacionadas