HomePontevedraBaixo MiñoA Deputación e o Concello do Rosal reúnense para analizar a redacción...

A Deputación e o Concello do Rosal reúnense para analizar a redacción dun proxecto de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-3302 Tabagón- O Rosal-Portocelo

- Anuncio -spot_img

A deputada provincial de Infraestruturas Públicas da Deputación de Pontevedra, Belén Cachafeiro, mantivo un encontro coa alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, co obxectivo de analizar a posibilidade de redactar un proxecto de mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-3302 Tabagón-O Rosal-Portocelo que contemple a execución dunha senda peonil na marxe esquerda, entre os puntos quilométricos 3+600 e 4+100, na contorna da capela de Santa Ana.

Na xuntanza, a deputada provincial comprometeuse a presentar ao Concello do Rosal un trazado en planta e unhas fichas de ocupación para a posta en marcha da actuación. Con estes documentos, o concello poderá tramitar as cesións voluntarias dos terreos necesarios para a execución da obra. Unha vez analizadas as ocupacións necesarias e o estudo técnico previo, Cachafeiro emprazou á alcaldesa a reunirse para avaliar a viabilidade do proxecto para a súa redacción.

Publicacións Relacionadas