HomeXunta de GaliciaMáis de 6,63 millóns de turistas visitaron Galicia entre xaneiro e outubro...

Máis de 6,63 millóns de turistas visitaron Galicia entre xaneiro e outubro atraídos pola diversidade e a calidade do destino

- Anuncio -spot_img
  • O director de Turismo de Galicia participou esta tarde na entrega das distincións SICTED a establecementos e empresas turísticas da Mancomunidade Barbanza-Arousa
  • Lembrou que na actualidade estase a executar nesta zona o Plan de Sostibilidade Turística en Destino ‘Viaxe a través da historia dos sabores’ cun investimento de 1,5M€

“Máis de 6,63 millóns de visitantes entre xaneiro e outubro que sumaron 12,35 millóns de noites no mesmo período, rexistrando incrementos que superan o 2% en ámbolos dous indicadores, dan conta do bo ano que se está a rexistrar no ámbito turístico”. Así o salientou o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, facendo alusión aos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística, no decurso da Gala de Turismo de Barbanza Arousa na que se fixo entrega da distinción do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) a 70 establecementos turísticos da zona entre os que se atopan aloxamentos e empresas de restauración e servizos turísticos.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou precisamente a calidade e excelencia nos servizos turísticos como elementos fundamentais do destino Galicia, incentivadores dunha maior capacidade de atracción de visitantes, ao tempo que contribúen ao desenvolvemento económico do territorio. Neste sentido, lembrou o gasto medio do turista do segundo semestre de 2025 que se sitúa en 114,69 euros, un 5,8% máis que en 2024.

“Sen dúbida, son garantes de mellora da competitividade a da imaxe da oferta turística de Galicia reforzando o seu carácter como destino serio, profesional e diferenciado sobre a base da calidade, sustentabilidade, cultura e boas prácticas”, afirmou o director de Turismo.

Referíndose ao xeodestino Barbanza-Arousa, Xosé Merelles lembrou que se está a executar o Plan de Sostibilidade en Destino (PSTD) ‘Viaxe a través da historia dos sabores’, que conta cun investimento de 1,5M€.

Ademais, agradeceu a implicación e o traballo desenvolto desde a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa na proxección e desenvolvemento da actividade turística da zona e salientou que no que vai de ano xa a visitaron máis de medio millón de turistas e case 1,4 millóns de noites en aloxamentos.

Publicacións Relacionadas