HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación pon en valor o traballo de Aspamadis a prol da...

A Deputación pon en valor o traballo de Aspamadis a prol da inserción laboral no Día Internacional da Discapacidade

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial estudou futuras liñas de colaboración con representantes desta asociación de pais e nais de persoas con discapacidade intelectual

Menor puxo en valor o traballo a prol da inserción laboral deste colectivo, con iniciativas que van dende os desbroces e o mantemento de zonas verdes ata cursos de informática ou de prevención de riscos laborais

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial un encontro de traballo co presidente de Aspamadis (Asociación de Padres y Madres de Discapacitados Intelectuales de Ourense), Manuel Martín González, e a secretaria da entidade, Elena Rodríguez Román, reunión na que Luis Menor felicitou a esta entidade polo seu labor para mellorar a calidade de vida dos seus usuarios, e destacou a importancia destes colectivos xusto cando se conmemora o Día Internacional da Discapacidade.

O presidente provincial escoitou o detalle das accións que levan a cabo en Aspamadis: dende cursos de informática ou prevención de riscos laborais ata mantemento de zonas verdes e desbroces.

Menor comprometeu o estudo de futuras liñas de colaboración para ofrecer axenda de traballo ao colectivo, actividades que tamén forman parte da actividades dos usuarios e fomentan o seu grado de autonomía.

Publicacións Relacionadas