O acendido das luces do Nadal, con concerto tributo a Joaquín Sabina, abrirá este venres, 5 de decembro, a programación de actividades organizadas polo Concello para celebrar o Nadal 2025/2026.
A relación de propostas inclúe o Mercado de Nadal no Parque de San Lázaro, o Poboado na Praza do Bispo Cesáreo, o Belén de Arturo Baltar, na Praza de San Cosme e o Carrusel e o Tren Nadal Express na Praza Maior.
Papá Noel percorrerá o centro da cidade acompañado polos seu séquito e os renos o sábado 20 e recibirá a rapazada cun espectáculo no Auditorio o 23 de decembro, con 3 sesións, e no Poboado do Nadal os días 21, 22 e 23. Unha carroza musical con diferentes grupos ambientará as rúas durante estes días e a Festa de Fin de Ano correrá a cargo de Kubo Orquestra.
A programación inclúe tamén as actuacións no Auditorio Municipal de Ángel Martín, a Banda de Gaitas Nova Era e Carlos Núñez, os espectáculos Reinventio e A granxa de Zenón, o Revolution Tour (tributo a ABBA), o Gran Concerto de Aninovo de Rubén Simeó, El Mago de Oz e o noveno Galicia Magic fest.
Na parte deportiva, Ourense despedirá 2025 coa carreira de San Silvestre (31 de decembro) e recibirá o 2026 coa Subida á Costiñá de Canedo (1 de xaneiro).
A programación rematará o 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata de Reis, con saída ás 18.00 horas para avanzar por Gómez Franqueira, avenida das Caldas, Ponte Romana, O Progreso e Praza Maior.
Máis información en:



