HomeOurenseOurenseO Concello colabora nas actividades de celebración do Día Internacional das Persoas...

O Concello colabora nas actividades de celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

- Anuncio -spot_img

A concelleira de Educación do Concello de Ourense, Tamara Silva, e representantes de todos os grupos políticos municipais participaron esta mañá no acto que se desenvolveu hoxe na Praza Maior no marco da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Co lema “Baixo o mesmo paraugas”, diferentes entidades do ámbito sociosanitario de Ourense organizaron unha actividade de sensibilización e inclusión social co triplo obxectivo de visibilizar as capacidades das persoas con discapacidade, reivindicar os seus dereitos e amosar a forza do movemento asociativo de Galicia.

A xornada comezou cunha marcha que contou cunha nutrida participación, incluíndo representantes das catorce entidades organizadoras, varios centros educativos da provincia e cidadáns e cidadás que se quixeron sumar. A marcha saíu desde a Subdelegación de Defensa, na rúa do Paseo, ata a Praza Maior, onde se deu lectura a un manifesto en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade.

Publicacións Relacionadas