HomeOurenseA Xunta de Goberno Local reunirase mañá xoves na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local reunirase mañá xoves na súa sesión ordinaria desta semana, con 40 asuntos na orde do día

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 4 de decembro, na súa sesión ordinaria desta semana, con 40 asuntos na orde do día.

Licenzas (6). Catro proxectos de instalación de ascensores en edificios das rúas Manuel Pereira, Antonio Jaunsarás, Valle Inclán e Praza da Lexión; unha solicitude de prórroga para executar as obras de reforma dun portal na rúa Xoán XXIII e unha solicitude de innecesariedade  de licenza de segregación dunha parcela.

Aperturas (5). Unha solicitude de licenza para a construción dun hotel na rúa Alfonso Rodríguez Castelao, un troco de titularidade dunha licenza, unha petición de revisión dunha actuación comunicada e dúas solicitudes de títulos habilitantes de natureza urbanística.

Patrimonio (2). Dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial

Infraestruturas (1). Inicio do procedemento para a modificación do contrato e a continuación provisional das obras do proxecto básico e de execución de rehabilitación integral do xardín do Posío e proxección de local destinado á actividade hostaleira.

Contratación (4). Catro expedientes de contratación:

• das obras do “proxecto de acondicionamento e mellora da accesibilidade na praza da Lexión”, cun orzamento de licitación de 917.488,90 €

• das obras do proxecto básico e de execución do novo cinseiro común no cemiterio municipal de Santa Mariña, cun orzamento de 169.152,40 €

• do servizo de vixilancia da saúde e outras actividades médicas e preventivas do Concello, por importe de 105.011,73 €

• o servizo de redacción do proxecto de demolición e reconstrución dun edificio na Avenida das Caldas, por 82.947,96 €

Asuntos sociais (3). Convenios de colaboración entre o Concello e as entidades:

• Banco de Alimentos de  Ourense, para o proxecto “Proxecto de reparto de alimentos, froitas e hortalizas en Ourense”.

• Dous convenios coa asociación de enfermos de Alzheimer de Ourense (Afaor) para o proxecto de obradoiros de estimulación cognitiva e axudas técnicas para enfermos de alzhéimer.

Comercio (1). Dispoñer o gasto e recoñecer a obriga derivada da certificación número 53 das obras do modificado do Proxecto básico e de execución da reforma e rehabilitación da Praza de Abastos número 1.

Facenda (1). Convalidación da omisión da función interventora nun expediente de reembolso.

Persoal e recursos humanos (10). Dez expedientes de convalidacion da omision da funcion interventora e do gasto en atribucións temporais das funciones de varios postos.

Avogacía consistorial (7). Dará conta dunha sentenza do Xulgado do Contencioso – Administrativo número 2 e dunha providencia do Tribunal Supremo. Tamén será informada de que o Concello deberá comparecer diante dos xulgados do Contencioso – Administrativo número 1 e 2 e do Social número 2 en 4 procedementos e diante do Xulgado de Instrución número 2 nunhas dilixencias previas.

Publicacións Relacionadas