HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez reivindica o “papel transformador” da creación artística e das residencias...

Luisa Sánchez reivindica o “papel transformador” da creación artística e das residencias culturais na presentación da segunda xornada de ‘Crear Pontes’

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reivindicou o “papel transformador” da creación artística e das residencias culturais durante a presentación da segunda xornada do encontro ‘Crear Pontes’, que se celebrou este mércores na sede que a institución provincial ten no casco vello de Vigo e na que tamén participou a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro.

Este encontro, que terá lugar o venres 12 de decembro no centro Artistea da vila do Tea, está promovido pola Deputación e o Concello para ofrecer un “espazo de reflexión, colaboración e innovación, no que atopar novas formas de conectar talento”, tal e como salientou Luisa Sánchez. Tras a celebración da primeira xornada en Pontevedra, Ponteareas acollerá un novo evento con relatorios, mesas de debate e dinámicas participativas en torno ás residencias de artistas.

Publicacións Relacionadas