O Concello de Oleiros está a finalizar a instalación de diversas atraccións infantís na praza Esther Pita, en Santa Cruz, destinadas ao lecer de todas as nenas e nenos do municipio. Estarán abertas a partir de mañá venres 5 de decembro e pecharán o 11 de xaneiro.
Os horarios de apertura das atraccións en período lectivo serán de luns a xoves de 16:45 a 21:30h, venres de 16:00 a 22:45h e fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:45h. Durante o período de vacacións de Nadal a pista abrirá de luns a domingo de forma ininterrompida de 11:00 a 22:45 horas. Durante os días 24 e 31 de decembro as atraccións permanecerán abertas de 11:00 a 18:15 horas e os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro o seu horario de apertura será de 11:00 a 14:00 h e de 16:45 a 22:45h.
Paralelamente, o Concello organizará diversas actividade infantís de ocio de temática de Nadal:
– Sábado 20 de decembro, de 17:30 a 19:30 horas – OBRADOIRO DE NADAL – Ola Nadal!! Creación de carteis de benvida ao Nadal
– Martes 23 de decembro, de 17:00 a 20:00 horas – REBUMBIO DE OBRADOIROS: piruleta de Nadal / carta a Papá Noel / reno Rudolph
– Venres 26 de decembro, de 17:30 a 19:30 horas – ANIMACIÓN, cunha morea de xogos
– Sábado 27 de decembro, de 17:30 a 19:30 horas – OBRADOIRO DE NADAL – Os elfos de Papá Noel
– Luns 29 de decembro, de 17:00 a 20:00 horas – REBUMBIO DE OBRADOIROS: boneco de neve / glitter / arboriña de Nadal
– Martes 30 de decembro, de 17:30 a 19:30 horas – ANIMACIÓN, cunha morea de xogos
– Venres 2 de xaneiro, de 17:00 a 20:00 horas – REBUMBIO DE OBRADOIROS: camelo / estrela fugaz / roscón de Reis
– Sábado 3 de xaneiro, de 17:30 a 19:30 horas – OBRADOIRO DE NADAL – Buscando a Rodolfo



