HomePontevedraPontevedraA Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés convocou hoxe no Hospital Provincial de...

A Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés convocou hoxe no Hospital Provincial de Pontevedra ao seu Consello Asesor de Pacientes

- Anuncio -spot_img
  • Este órgano colexiado e consultivo formado por 28 asociacións asesora en aspectos, actividades, procedementos e servizos con impacto nas condicións da asistencia sanitaria, a prevención das enfermidades, a mellora da saúde e a autonomía persoal de pacientes, as súas familias e persoas físicas ou xurídicas
  • No transcurso da xuntanza efectuouse un seguemento de varias casuísticas organizativas e asistenciais no eido da Atención Primaria e Hospitalaria, á vez que tamén se fixo un resumo da evolución e previsións do proxecto constructivo do Novo Hospital Montecelo, que continúa a súa evolución

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés convocou hoxe de novo ao seu Consello Asesor de Pacientes, órgano colexiado e consultivo que, constituído no ano 2019 e composto por 28 asociacións, reuniuse no hospital Provincial do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e contou, entre outros directivos e responsables sanitarios, coa asistencia do xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Jose Flores Arias.

Durante esta nova xuntanza analizáronse cuestións coma a incorporación de novas asociacións a este Consello Asesor de Pacientes -a asociación de enfermos cardíacos Pontecorazón e a asociacion ASOTRAME de transplantados de médula ósea e enfermidades oncohemantolóxicas- información relativa a iniciativas de humanización, novas acreditacións e certificacións de calidade na área de saúde, os recentes premios e recoñecementos á asistencia na área, ou a futura implantación de servizos dixitais na Área Sanitaria.

Así mesmo, no transcurso desta convocatoria do Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria no Hospital Provincial de Pontevedra, efectuouse un seguemento de planificación e de diversas casuísticas organizativas e asistenciais no eido da Atención Primaria e Hospitalaria, á vez que tamén se fixo un resumo da situación e previsións do proxecto constructivo do Novo Hospital Montecelo, que continúa a súa evolución.

Por parte dos colectivos integrados no Consello Asesor de Pacientes da Área, tamén interviron responsables das diversas asociacións de pacientes que aportaron propostas para coordinarse mellor co Sistema Sanitario Público no eido da formación e a divulgación, así coma a Atención Primaria e a Hospitalaria, así coma nas futuras opcións de mellora que abrirá o Novo Hospital Montecelo.

Consello para mellorar a calidade asistencial

Cómpre lembrar que o Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés é un órgano colexiado de carácter consultivo, que ten por finalidade mellorar a calidade da asistencia sanitaria a través da percepción dos servizos sanitarios por parte dos doentes.

Así mesmo, asesora á Xerencia da Área Sanitaria sobre as actividades que teñan impacto sobre as condicións da atención, a mellora da saúde e autonomía persoal e os contidos das guías de información dirixidas aos pacientes. Realiza propostas que potencien a información para incrementar a seguridade dos pacientes e colabora no deseño dos espazos asistenciais.

Entre os obxectivos incluídos na Estratexia SERGAS 2020 -en cuxa elaboración participaron os doentes, a través das asociacións que os representan- incídese na concesión aos pacientes de maiores cotas de participación, dándolles formación e información, para así axudalos a mellorar o seu estado de saúde. Nesta estratexia tamén se fai fincapé en incrementar nos usuarios do SERGAS o sentimento de propiedade e de corresponsabilidade na xestión do Sistema Público de saúde.

Estrutura deste órgano de participación

Este órgano de participación está composto por unha presidencia, varias vogalías e unha secretaría, tal e coma recolleu no seu dí o Diario Oficial de Galicia do 31 de outubro de 2018. A presidencia deste Consello correspóndelle á Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés.

O Consello Asesor de Pacientes de Pontevedra-O Salnés está integrado polas seguintes entidades: a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM Galicia); a Asociación Socio Sanitaria Enfermedades Inflamatorias Intestinales e Ostomizad@s (Asseii); a Asociación de Párkinson da Provincia de Pontevedra (Apropark); Xoan XXIII; Xuntos de Síndrome de Down; a Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Pontevedra; a asociación de sarcomas Asarga de Pontevedra; a Asociación Tratamento Autismo (BATA); a Federación Gallega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec); a Asociación Galega de Fibrose Quística (FQGalicia); a Liga reumatolóxica galega (Lirega), a Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra (APXP); a Asociación de Afectadas de Sensibilidade Química Múltiple de Galicia(SQM-Galicia); a Asociación Huntington Galicia;  a asociación de enfermos cardíacos Pontecorazón e a asociacion ASOTRAME de transplantados de médula ósea e enfermidades oncohemantolóxicas.

Tamén intégran este Consello Asesor de Pacientes a  Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama (Adicam); a Asociación Española contra el Cáncer (AECC); a Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra (Afapo); a Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo); a Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela); a Asociación Galega de Linfedema (AGL); a Asociación de familiares e amigos de persoas con enfermidade mental (ALBA); a Asociación para a loita contra as enfermidades de ril-Pontevedra (Alcer Pontevedra); a Asociación Amencer-Aspace; a Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (Anedia); o colectivo Alcohólicos Rehabilitados de Vilagarcía de Arousa (Areva); a Asociación Enfermos de Artrite Pontevedra (Asearpo).

Publicacións Relacionadas