HomePontevedraA ParadantaArboNadal 2025: Mercado do Nadal e actividades culturais na Praza do Concello

ArboNadal 2025: Mercado do Nadal e actividades culturais na Praza do Concello

- Anuncio -spot_img
  • A fin de semana do 6 e 7 de decembro, Arbonadal 2025 terá lugar na Praza do Concello, formando parte da programación do Nadal Cultural 25/26.
  • Haberá carpa

ARBONADAL, é un que evento combina un mercado do Nadal con actividades dirixidas a todas as idades, promovendo o comercio e o espírito festivo da tempada.

O sábado 6 de decembro, a xornada comeza ás 11.30 horas coa apertura dos postos de artesanía, produtos de segunda man, comida, complementos, roupa, hortalizas, plantas, decoración do Nadal e ONG. Ás 12.30 horas, realizarase a inauguración do Belén Municipal na Praza do Comprado, un momento emblemático que convida á comunidade para gozar da tradicional representación do Nadal. Desde as 16.30 ata as 19.30 horas, desenvolverase a actividade infantil  “Aventura Máxica”, que incluirá un inchable gratuíto, música en vivo e personaxes infantís que amenizarán a tarde para os asistentes máis novos. A xornada do día concluirá ás 19.00 horas co peche dos postos do mercado, permitindo aos visitantes percorrer e adquirir produtos tradicionais e artesanais.

O domingo 7 de decembro, o programa continúa a partir das 11.30 horas coa reapertura dos postos na Praza do Concello, ofrecendo unha variada selección de artigos de artesanía, produtos de segunda man, alimentos, complementos, roupa, hortalizas, plantas, decoración do Nadal e produtos de ONG. A tarde estará marcada polo Festival de Fantasía para a poboación infantil,  que se desenvolverá entre as 16.30 e as 19.30 horas, con talleres, globoflexia, música, xogos, bailes, personaxes de Disney e unha xincana para fomentar a participación de toda a familia.

“Arbonadal 2025 reflicte a importancia de manter viva a tradición e o comercio de proximidade nun ambiente de celebración e encontro social”, sinala o alcalde de Arbo, Horacio Gil.

O Concello convida a toda a cidadanía a participar nestas xornadas, gozando das propostas e contribuíndo a potenciar o espírito do Nadal na localidade. A organización agradece a colaboración dos distintos colectivos e comerciantes que fan posible este evento, que busca consolidarse como unha cita anual de referencia no calendario festivo da rexión.

Este evento busca fortalecer a economía local, ofrecer actividades culturais e recreativas nunha contorna festiva, e promover a convivencia comunitaria durante a tempada do Nadal-manifesta o rexedor arbense, Horacio Gil- que convida a todos e a todas a pasar esta fin de semana en Arbo, e gozar non só das actividades culturais, senón tamén da natureza, carreiros, gastronomía, patrimonio entre outros.

Publicacións Relacionadas