HomeA CoruñaNeda adxudica por máis de 79.000 euros a renovación do abastecemento e...

Neda adxudica por máis de 79.000 euros a renovación do abastecemento e saneamento do Carreiro

- Anuncio -spot_img

O Concello de Neda acaba de adxudicar as obras de renovación do abastecemento e saneamento na rúa O Carreiro. A administración local investirá finalmente nesta intervención un total de 79.408, con cargo ao POS+ 2025 da Deputación da Coruña.

O obra, que asumirá a firma ordense Syr-Amg SL., incluirá a substitución da actual rede de subministro de auga, executada na súa maior parte en fibrocemente e con avarías frecuentes por unha nova. Instalaranse tubaxes de polietileno, e renovaranse as acometidas domiciliarias que non cumpran os estándares fixados. A rede actual manterase operativa en tanto duren os traballos.

Ademais, cambiaranse os tramos de canalizacións de saneamento que se atopan en mal estado como consecuencia do paso do tempo, e para o seu axeitado funcionamento instalaranse tres pozos de rexistro e realizarase o entroncamento coa rede existente.

A intervención- moi demandada pola veciñanza- completarase coa reposición do pavimento asfáltico desta vía que se bifurca e tamén o dos treitos de beirarrúas existentes. A intervención completará a posta a punto dos servizos básicos realizada en estradas veciñas como Xerardo Luaces e a conexión entre Albarón e a Mourela. 

Publicacións Relacionadas