HomeA CoruñaA CoruñaA alcaldesa Inés Rey recibe no Concello á Fiscala Superior de Galicia,...

A alcaldesa Inés Rey recibe no Concello á Fiscala Superior de Galicia, Carmen Eiró Bouza

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu este venres no Concello á nova Fiscala Superior da Comunidade Autónoma de Galicia, Carmen Eiró Bouza, nun encontro institucional que se enmarca nas primeiras visitas oficiais da nova titular da Fiscalía Superior de Galicia tras a súa recente toma de posesión.

Durante a reunión, a alcaldesa puxo en valor a sólida traxectoria profesional de Carmen Eiró e destacou o carácter simbólico da súa designación, que supón “un paso relevante na presenza das mulleres en postos de máxima responsabilidade no ámbito da xustiza”. Inés Rey trasladoulle tamén a vontade do Goberno local de manter unha liña de colaboración fluída e construtiva coa Fiscalía en asuntos de interese común para a cidade.

A visita da nova Fiscala Superior responde á intención de fortalecer os lazos institucionais e reforzar a coordinación entre administracións, co obxectivo de avanzar nunha xestión pública eficaz e comprometida coa cidadanía.

Publicacións Relacionadas