A Concellería de Turismo de Baiona pon en marcha un calendario de visitas guiadas para este mes de decembro, comezando por esta próxima fin de semana, ponte da Constitución.
Para esta fin de semana teremos as seguintes visitas programadas:
-Visita guiada ao Centro histórico: días 6, 7 e 8 de decembro ás 10:30 h. Punto de encontro: exterior Oficina de Turismo.
– Visita guiada polo Paseo Monte Boi: 6 e 7 de decembro ás 12:30 h. Punto de encontro: exterior Oficina de Turismo.
– Visita guiada infantil “Seguindo os pasos de Drake”: 8 de decembro ás 11:30 h. Punto de encontro: Posto de socorrismo da Praia de Sta. Marta.
Ademais destas visitas, a partir do 20 de decembro e xa coincidindo con vacacións escolares, realizaranse outras de diferente temática:
-Visita guiada infantil “Despedindo o outono en Baiona”: 20 de decembro ás 11:30 h.
– Visita guiada á Virxe da Roca. “A Virxe da Roca no solsticio de inverno”. 21 de decembro ás 11:30 h. – Visita guiada “Baiona Mariñeira”. 26 de decembro ás 11:30 h.
– Visita infantil “Misterios no Camiño”. 27 de decembro ás 11:30 h.
– Visita para persoas adultas “Francis Drake en Sta. Marta”. 28 de decembro ás 11:30 h.
– Visita guiada “Baiona Mariñeira”. 30 de decembro ás 11:30 h.
Todas as visitas serán realizadas por Guías Oficiais de Galicia, e para ofrecer unha visita de maior calidade, as prazas son limitadas e é necesario inscribirse previamente na Oficina de Turismo a través de correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal ou chamando ao 986687067.



