No día de hoxe, 5 de decembro, o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín , xunto a concelleira de Deportes, Isabel Rego e o Presidente de Remo Revolución, Diego Rodríguez, presentaron as bandeiras das regatas de bateis “Ortigueira Boga Folk” e “Merluza do Norte”.
Esta proba, que se disputará o vindeiro 13 de decembro, están incluidas na II Xornada Mariñeira da Pesca ao deporte.Pequen@s Mariñeir@s. A proba levarase a cabo na ría de Ortigueira, en horario de 10:30 a 15:00 h e englobará ás categorías: alevín feminino, alevín masculino, infantil feminino, infantil masculino, cadete femenino e cadete masculino.
Os obxectivos da proba son, entre outros, fomentar a cultura mariñeira; poñer en valor e impulsar o deporte autóctono galego do remo en banco fixo; promover hábitos de vida deportivos e saudables na infancia; aunar tradición Mariñeira , deporte , folklore , natureza e convivencia; preservar , dar a coñecer e difundir o patrimonio marítimo cultural; potenciar accións preventivas na infancia e favorecer a igualdade.
Na xornada participarán máis de 200 nenos/nenas remeiros e 38 equipos de batel. Así, entre os clubs participantes están o Club Remo Ares, o Club Remo Cabo de Cruz, o Club Remo A Cabana Ferrol, o Club Remo Celeiro e o Club Remo Mugardos.
A proba está organizada pola Confraría de Pescadores de Espasante (Ortigueira) e conta coa colaboración do Concello de Ortigueira, Xunta de Galicia, Unión Europea, Federación galega de Remo, Remo Revolución Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa, Club Remo Celeiro, Armadores Hermanos García Yáñez e Juan García Pesca.



