HomePontevedraO Nadal xa chegou a Salceda

O Nadal xa chegou a Salceda

- Anuncio -spot_img

Salceda arrincou a súa programación de Nadal con 30 actividades que se desenvolverán durante un mes.

O Concello de Salceda de Caselas botou a andar a súa programación de Nadal co acendido do alumeado. A programación, con preto de 30 actividades para todos os públicos, extenderase ata o 5 de xaneiro.

Un alumeado de Nadal, que sabe a local, instalado pola empresa local Gildo Sonido, e que conta coa colaboración do comercio local. O alumeado acendeuse por primeira vez este venres acompañados da música da Banda dos Insectos, e encargáronse de apretar o botón máxico os rapaces e rapazas do CEP Altamira gañadores do concurso de debuxo do 25N organizado polo CEP Altamira: Icíar, Ainara, Leire, Dídac, Martín e Xandrea.

Unha programación que se desenvolverá durante un mes e que conta con citas xa consolidadas no Nadal salcedense como o Concerto de Nadal da Banda de Música Cultural de Salceda, o Festival de Panxoliñas das nosas corais ou o Encontro Internacional de Ranchos Tradicionais.

A música será protagonista tamén para a cativada, coas actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona e o Concerto punkinfantil de Peter Punk e Brais das Hortas.

O deporte tamén será protagonista á hora de despedir o ano, coa tradicional carreira popular San Silvestre que se celebrará o venres 26 de decembro. Ademais, completan a programación deportiva a gala de Nadal do Club de Patinaxe Artística de Salceda, o partido solidario da Escola Denis Suárez en beneficio da infancia de Salceda e a Xornada de Integración e Formación para o deporte do Club Baloncesto Caselas, que contará con sesións prácticas e un ciclo de ponencias que abordarán cuestións como a prevención de lesións, o equilibrio emocional, a nutrición e a saúde integral.

A fin de semana previa á noiteboa será a protagonista, cunha nova edición do Mercado de Nadal, onde os postos de artesanía convivirán co tecido asociativo local durante o sábado e o domingo, e que contará con diversas actividades paralelas, como obradoiros e a actuación do grupo SdS. Unha finde na que poderemos voltar gozar da maxia do Tren de Nadal, e no que a cativada poderá gozar de actividades para eles e obradoiros, contando tamén coa Papanoelada Moteira, que un ano máis encherá de cor as rúas da vila e as estradas do Concello.

Obradoiros infantís, rondallas, teatro e humor completan unha programación de Nadal organizada con agarimo e para o goce de toda a veciñanza e visitantes.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “Somos o Concello mais novo de Galicia e apostamos por dúas cousas importantes neste Nadal: A Cultura feita en Salceda e pensada para ese público familiar e infantil que ten o noso Concello”.

PROGRAMACIÓN NADAL 2025-26

Venres 5

  • 18.00 Acendido do alumeado de Nadal. A Banda dos Insectos. Praza do Concello.

Sábado 6

  • 18.00 Retrincos de Castelao. Teatro. Público Familiar. Auditorio Municipal

Sábado 13

  • 19.00 Festival de Panxoliñas. Auditorio Municipal
    • Coral Polifónica Santa María de Salceda
    • Coral Polifónica de San Mamede
    • Coral Polifónica de Entenza

Domingo 14

  • 16.30 Desfile polas rúas do casco urbano da Rondalla de Pontellas.
  • 20.00 Caselas con C de Comedia. Muiñeiras, con Oswaldo Digon, Lorena Pinheiro e Naiama Gaitas.

Sábado 20 e domingo 21

  • Mercado de Nadal na Praza do Concello.
  • Tren de Nadal. Saídas dende a Praza do Concello

Sábado 20

  • 16.00 Papanoelada Moteira. Saída dende a Praza do Concello.
  • 20.00 Concerto de Nadal da Banda Cultural de Salceda. Auditorio Municipal
  • Xornada de Integración e Formación para o Deporte. Club Baloncesto Caselas
  • 18.00 Gala de Nadal do Club Patinaxe Salceda. Pvillon Municipal

Domingo 21

  • 11.30 Obradoiros Infantís. Praza do Concello.
  • 19.00 Audición da Escola de Música de Salceda. Auditorio Municipal

Martes 23

  • 18.00. Uxía Lambona e a Banda Molona. Praza do Concello

Venres 26

  • 16.30 Obradoiro de Doces de Nadal. Praza do Concello.
  • 21.30 XIII San Silvestre Solidaria

Sábado 27

  • VII Encontro de Ranchos Tradicionais

Domingo 28

  • 18.00 Concerto Punkinfantil. Peter Punk e Brais das Hortas. Praza do Concello.

Venres 2

  • 19.30 Laguna e Terra, unha historia que nace en Salceda. Presentación da novela “Laguna: Memorias en el agua”. Terra editorial.
  • Actuación de Yennia.

Sábado 3

  • 20.00 Caselas con C de Comedia. Isabel Risco. Auditorio Municipal

Domingo 4

  • 16.30 Desfile polas rúas do casco urbano da Rondalla de Atios.
  • 19.00 Concerto de Mila Ut e Ana Belén Rodríguez. Auditorio Municipal

Luns 5

  • 18.00 Cabalgata de Reis. Saída dende a Praza da Devesa. Chegada na Praza do Concello.

Publicacións Relacionadas