HomePontevedraO concello inicia o sábaddo a súa programación para vivir un Nadal...

O concello inicia o sábaddo a súa programación para vivir un Nadal en Soutomaior

- Anuncio -spot_img

O concello inaugurará na tarde o sábado 6 de decembro, a partir das 16:30h. na Alameda de Talo Río, o seu Nadal para Vivir en Soutomaior. Co espectáculo de Troula “Conto de Nadal”, o acendido das luces coa colaboración da Asociación Bicos de Papel e o espectáculo musical “Orquestra de Camarote Band” e moitas máis actividades.

Esta fin de semana será máxica en Soutomaior, mañá, sábado 6 de decembro, dará comezo o Nadal para vivir en Soutomaior, un Nadal para vivir con actividades para todo o mundo, un Nadal para vivir a inclusividade, a conciliación, a igualdade, un Nadal para vivir no Comercio e na Hostalería, un nadal para que vivan todas as veciñas e veciños do concello e para que o desfruten tamén todo aquel que desexe visitar este concello  ten preparadas para estes días.

O tempo non influirá na programación xa que as actividade se desenvolverán na nosa carpa de Nadal instalada na Alameda de Talo Río. Na tarde do sábado a actividade comezará ás 16:30h.co mercado das ANPAS do IES Soutomaior, do CEIP Manuel Padín Truiteiro e do CEIP de Ponte Sampaio, os cartos recadados neste mercado será para axuda destas alumnas e alumnos para súa excursión de fin de curso. Ás 16:30h. dará comezo tamén o obradoiro de “adornos naturais para a árbore de Nadal”(de balde ata completar o aforo), a continuación, chegará o espectáculo de rúa “Conto de Nadal”, e ás 18:30 será o momento do acendido das luces do concello grazas á Asociación Bicos de Papel (familias que pasaron ou están pasando pola experiencia de ter unha filla ou fillo con cancro) eles serán os encargados de dar o pistoletazo de saída a este Nadal en Soutomaior.

Un acendido de luces que chega un ano máis a todos os barrios de Soutomaior e que, neste ano, ampliou a súa extensión a outras zonas do concello. O obxectivo do concello é ampliar cada vez máis este alumeado e chegar a todos os puntos do mesmo.

Tralo acendido do alumeado a diversión seguirá en Talo Río  co espectáculo musical “Orquestra de Camaronte Band” para a cativada a partir das 19:30h. onde as e os máis pequenos e pequenas poderán desfrutar da música, e onde ademais haberá chocolatada de balde para todas e todos os que o desexen.

Dende o concello convidan a todo o mundo a, dende esta fin de semana a, VIVIR O NADAL EN SOUTOMAIOR.

Publicacións Relacionadas