- SERÁN MÁIS DE 50 PROFESIONAIS OS QUE COMPITAN NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA ATA O SÁBADO, DÍA NO QUE SE ENTREGARÁN OS PREMIOS
- NESTA EDICIÓN A COMPETICIÓN INTERNACIONALÍZASE E ENTREGA UN MAIOR NÚMERO DE GALARDÓNS
A IV Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, a cal se celebra dende hoxe ata o sábado no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, realiza xa as primeiras probas do Premio ao Mellor Condutor/a de Autocares.
Esta edición, que por primeira vez se internacionaliza, conta coa participación de máis de 50 condutores e condutoras de España e Portugal. Entre estes participantes destaca que moitos xa participaron noutras ocasións e repiten tanto polo gratificante da experiencia como por valorar moi positivamente o carácter formativo que ten a propia competición. Ademais, é destacable o aumento de mulleres neste Premio.
Estes profesionais comezaron xa a realizar diversas probas de habilidade, anticipación, suavidade e hábitos nun circuíto deseñado especialmente para iso e situado no recinto feiral. Os candidatos teñen garantida unha experiencia única con probas dinámicas que lles sorprenderán e realizarán en vehículos da marca MAN equipados coa tecnoloxía e seguridade máis avanzada do mercado. Os técnicos e formadores da empresa TECE encárganse do deseño do circuíto, realización das probas e valoración de candidatos.
Cada condutor ten a oportunidade de realizar previamente o percorrido -sen puntuar- antes da proba definitiva, coa fin de que coñezan de antemán o circuíto, as probas e o propio vehículo. Antes da proba de condución realízase a avaliación teórica tipo test.
Entrega de premios, o sábado
Con MAN como patrocinador principal, o Sindicato Libre de Transporte (SLT) e Proformatrans como patrocinadores destacados e Carril Bus como coordinadora, esta edición da competición aumentou o número de galardóns hasta doce. Así, recoñecen tanto aos gañadores da categoría nacional e as internacionais como aos dous seguintes e tamén ás empresas nas que desempeñan o seu traballo os vencedores.
Os premios entregaranse nunha cerimonia oficial en ExpoBus Iberia o sábado 22 de novembro, ás 14.00 horas. Será o broche final a este certame, que pechará as súas portas ás 16.00h.



