O Concello de Salvaterra de Miño ven de publicar na Plataforma de Contratación do Estado unha nova licitación para a pavimentación de viais municipais, obra financiada a través do Plan + Provincia da Deputación Provincial. Un proxecto de máis de 353.000 euros que se enmarca dentro do Plan de pavimentación de viais municipais do Concello.
As obras incluídas neste proxecto consisten na mellora da pavimentación en varios camiños municipais, emprazados en trece lugares concretos do municipio, pertencentes a oito parroquias diferentes. Trátase de camiños que debido ao seu deterioro necesitan unha nova capa de pavimentación, ademais de zonas novas, tanto en ensanches como en tramos de camiños completos onde se extenderá e compactará unha base de zahorra artificial, previa a pavimentación definitiva.
Concretamente, haberá actuacións no Casal, Fiás, rúa Galicia, Rañada, A Barca, A Grela, Ervideiro, Fraga do Rei, Gandarela, no camiño de Gallamonde a Ruxiago, Zacoteiras e no camiño de Costa a Zacoteiras, Fraga e Lameiros.
Deste xeito, o Concello de Salvaterra de Miño busca seguir mellorando a rede viaria do municipio.
As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 29 de decembro.



