- A gala do 13 de decembro será un exemplo de como o deporte pode unir a diferentes xeracións e fortalecer o tecido social do municipio. Convídase a toda a comunidade a acudir a esta cita que destaca o talento deportivo e apoia o crecemento de novas promesas na patinaxe.
- O evento contará coa visita de Papa Noel.
O próximo 13 de decembro, o pavillón de Arbo acollerá unha xornada dedicada á patinaxe coa celebración dunha gala organizada polo Concello de Arbo.
A actividade dará inicio ás 17.00 horas e contará coa participación de patinadoras de diferentes asociacións locais, nunha mostra da calidade e variedade de talento nesta disciplina na rexión.Este evento, de entrada gratuíta, reunirá a patinadoras da Asociación ANPA A LUME DE ARBO, Melgaço em Patins e CPA Condado, ofrecendo unha oportunidade para gozar de actuacións de alto nivel nunha contorna comunitaria.
A xornada ten como obxectivo non só exhibir as habilidades das deportistas, senón tamén fomentar a participación e o interese pola patinaxe na localidade. O escenario do pavillón será testemuña da presenza de grandes patinadoras que destacaron no municipio, como Iria Groba, as irmás María e Carmen de Sa, e Candela Gil. Estas deportistas, serven como exemplo de dedicación e esforzo no deporte. Ademais, o evento será unha oportunidade para que novas patinadoras que empezan a destacar nesta disciplina poidan mostrar a súa progresión e talento.
O Concello de Arbo, destaca a importancia de promover actividades deportivas que fomenten a participación activa e o desenvolvemento de habilidades nos mozos. A presenza de diferentes asociacións reflicte un compromiso colectivo co deporte e a mocidade, consolidando a Arbo como un referente na promoción de disciplinas como a patinaxe artística e de velocidade.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, comentou: “Esta gala é unha oportunidade para que a comunidade poida apreciar o talento local e para que as novas patinadoras teñan un espazo onde demostrar o seu esforzo e paixón polo deporte.” Ademais, engadiu que o evento busca incentivar ás novas xeracións a interesarse pola patinaxe e a continuar a tradición de excelencia nesta disciplina.
A entrada será gratuíta, facilitando o acceso a todas as familias e amantes do deporte que desexen asistir e contará coa visita de Papa Noel.
A cita é un exemplo do compromiso da localidade co deporte como motor de integración e desenvolvemento social.



