HomeVigoMosGalicia Suroeste e o Concello de Mos inauguran as obras de iluminación...

Galicia Suroeste e o Concello de Mos inauguran as obras de iluminación de elementos patrimoniais do Camiño de Santiago ao seu paso polo concello

- Anuncio -spot_img

Coa esta intervención embelécense os elementos patrimoniais locais do Camiño de Santiago e así deixar unha imaxe para o recordo na mente das persoas que os contemplan.

As instalacións iluminadas localízanse no emprazamento do cruceiro e da capela das Angustias, na parroquia de Sanguiñeda, así coma na escultura conmemorativa do Camiño de Santiago e o miliario de Santiaguiño de Antas, no límite dos termos parroquiais de San Salvador de Louredo e Santa María de Guizán, incluíndo o tramo do Camiño que transcorre entre estes dous últimos elementos

Galicia Suroeste e o Concello de Mos inauguraron as obras de iluminación artística e eficiente de elementos singulares do patrimonio local vencellados ao Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, executadas entre os meses de xuño e novembro de 2025, grazas á financiación procedente do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “A Despensa de Galicia”, financiado con Fondos Next Generation – UE.

Con esta intervención preténdese poñer en valor os elementos singulares do patrimonio material local mediante a mellora dos sistemas de iluminación existentes, substituíndo luminarias por outras más eficientes, contribuíndo á mitigación do cambio climático e á redución do consumo enerxético en iluminación e da pegada de carbono do territorio.

Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos e Sandra González, Presidenta da AD Galicia Suroeste Eurural, xunto co representante da empresa contratista e o director da obra, realizaron unha visita ás localizacións dos elementos patrimoniais iluminados. En concreto, o cruceiro e da capela das Angustias, na parroquia de Sanguiñeda, así coma a escultura conmemorativa do Camiño de Santiago e o miliario de Santiaguiño de Antas, no límite dos termos parroquiais de San Salvador de Louredo e Santa María de Guizán, incluíndo o tramo do Camiño de Santiago que transcorre entre estes dous últimos elementos.

As novas luminarias están integradas na contorna e son altamente eficientes desde un punto de vista enerxético, de tal forma que dispoñen de mecanismos de regulación e aforro, e facilitan a xestión, monitorización e control de consumos, así como a programación e personalización da iluminación, resaltando a importancia dos conxuntos arquitectónicos e elementos patrimoniais do Camiño de Santiago, o maior referente turístico de Galicia, ao seu paso polo Concello de Mos, e así deixar unha imaxe para o recordo na mente das persoas que os contemplan.

Esta intervención, que contou cun investimento de 30.000 euros, foi financiada de forma íntegra por Galicia Suroeste no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) ‘A Despensa de Galicia’ ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado con fondos europeos Next Generation EU.

Publicacións Relacionadas